O xoves levarase a comisión informativa o proxecto de orzamentos municipais para 2018 tras incorporar as peticións da oposición
O próximo xoves, 19 de abril, celebrarase no Concello de Tui Comisión Informativa de Contas na que se someterá a ditame o proxecto de orzamentos municipais de 2018, tras realizar unha serie de modificacións no documento incorporando as peticións realizadas polos grupos políticos da oposición.