A rotonda da Po 404 será realidade antes de finais de ano cun investimento de 350 mil euros
Antes de que remate este ano a rotonda na Po 404 en Guillarei debería ser unha realidade. As obras, que teñen un prazo de execución de catro meses, saíron onte a licitación polo que deberían adxudicarse a finais do verán e comezar no mes de setembro. Suporán un investimento entre execución de obra, expropiacións, e reposición de servizos de 350.359€.