Esta administración ten aberto proceso de selección para a formación de lista de reserva para o nomeamento interino de prazas de administrativo (C-1). Con data 06/06/2025 a Alcaldía aprobou a resolución da lista definitiva de admitidos e excluídos, data do 1º exercicio e constitución do tribunal; resolución que foi rectificada por corrección de erro material con data 06/06/25 e 09/06/25.
- Constitución do tribunal o mércores día 11.06.2025, ás 10:00 horas, na Casa Consistorial do Concello de Tui, sito en Praza do Concello, nº 1 36700 Tui.
- O primeiro exercicio terá lugar o luns 16.06.2025 ás 09:30 horas no Teatro do Edificio Francisco Sánchez (antiga Área Panorámica), sito en rúa Colón, nº 2 36700 Tui.
O secretario do tribunal certifica que na sesión constitutiva do Tribunal celebrada o 11 de xuño de 2025, acordouse de conformidade coa base 7ª das bases de selección, a incorporación coma asesores especialistas para a proba do primeiro exercicio, limitándose ditos asesores unicamente a prestala súa colaboración nas súas especialidades técnicas vinculadas coa utilización da máquina de corrección automática de probas tipo test:
•Rubén Gómez González, programador adscrito ao Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra.
•Marcos Aramburu García-Pintos, xefe do negociado de programación adscrito ao Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra.