Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.
O Concello de Tui desenvolverá a partir do próximo mes de marzo o programa “Coida o corpo” en todas as parroquias tudenses. A iniciativa desenvolverase en grupos, de 15 persoas, maiores de 55 anos.
O programa Coida o Corpo está deseñado para exercitar o corpo a través dunha metodoloxía activa e dinámica, traballaranse habilidades como a coordinación, forza, flexibilidade e resistencia.
O cinema como ferramenta educativa e de traballo é a clave sobre a que hai anos o Concello de Tui leva a cabo o programa “O cine nas aulas”, que cada curso escolar chega ao alumnado de Primaria e Secundaria dos centros educativos do municipio.
Esta mañá tivo lugar unha nova proxección no Teatro Municipal de Tui á que asistiu alumnado de 4º de ESO dos IES’s Indalecio Pérez Tizón e San Paio, do Colexio Maristas Santa María e do Seminario Menor San Paio.
O Concello de Tui fixo entrega a SOS Tomiño Baixo Miño de preto de 300 unidades de alimentos recollidos en dúas iniciativas solidarias desenvolvidas ao longo das últimas semanas.
Por unha parte a Biblioteca Municipal realizou durante o Nadal, un ano máis, o seu Mercado Solidario de Libros no que se intercambiaban libros por alimentos non perecedoiros. Foi moi ampla a variedade de libros ofertados polo centro bibliotecario tudense que se transformaron e máis dun centenar de alimentos coma pasta, lentellas, conservas, leite, ou surtidos variados.
1.900 participantes e unha recadación de 4.365 € a favor da Asociación Española contra o Cancro son dúas das cifras a III San Silvestre Solidaria Tudense celebrada o pasado 31 de decembro. Nesta edición bateuse récord de participación con esas case 2 mil persoas que celebraron de maneira anticipada o fin do ano, percorrendo as rúas de Tui.
A organización correu a cargo do Club Atletismo Tui e o Concello de Tui, coa colaboración da Policía Local e Protección Civil de Tui, da Radio Municipal de Tui e o apoio económico de varias empresas tudenses.
O Concello de Tui e ACOUGO, a Asociación Galega de Familias de Acollida, dan os primeiros pasos para a sinatura dun convenio entre ambas entidades para visibilizar o traballo desta asociación e dar a coñecer a situación dos menores en centros de acollida e apoiar ás familias tudenses que desexen ser familias acolledoras.
A dez días de que peche a inscrición máis de 600 persoas están xa anotadas na III San Silvestre Solidaria Tudenses que se vai celebrar o martes, 31 de decembro, dende ás 10.30 h. Por iso dende a organización – Concello de Tui e Atletismo Tui – agardan que se rexistre un novo record superando as 1200 persoas participantes de 2023. A inscrición está aberta até ás 22 h do domingo, 29 deste mes atletismotui.wordpress.com.
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no curso de Deshabituación Tabáquica que organiza o Concello de Tui, a través do departamento de Prevención das Drogodependencias, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro.
Trátase dun programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono que supón deixar de fumar. No curso poderán participar un máximo de 14 persoas. Vai dirixido a persoas maiores de 18 anos que desexen abandonar o tabaco.
A Sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez, acolle este mércores 4 e xoves 5, de 16.30 a 18.30 h, unha sesión formativa sobre Alzheimer e outras demencias. Esta actividade está organizada por FADEAL (Federación Atlántica de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias), co financiamento da Deputación de Pontevedra e en colaboración do Concello de Tui,
O Concello de Tui, a través do Servizo de Prevención das Drogodependencias, leva a cabo unha campaña informativa con motivo do Día Mundial da loita contra a SIDA que se conmemora este domingo, 1 de decembro.