Prazas vacantes nos cursos de Montaxe de mobles e Operacións de fontaneiría
O Concello de Tui informa que existen prazas vacantes en dous dos cursos de formación que van comezar a próxima semana.
Por unha banda hai tres prazas vacantes no curso de Montaxe de mobles e elementos de carpintería, para o que é preciso ter o título da ESO, similar, ou superior. Este curso celebrarase do 28 de novembro ao 10 de maio de 2018 de luns a venres de 9 a 14h.




