Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Aberta a convocatoria para a contratación dun docente para impartir os módulos de “Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero” e “Formación para a igualdade”

Undefined

Até o venres 9 de marzo está aberto o prazo de presentación de solicitudes para acceder ao proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/dunha docente para impartir os módulos de “Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero FCOO03” e “Formación para a igualdade FCOXXX05” para os cursos “IMAI0108 Operacións de fontanería e calefacción climatización doméstica”, “MAMR0108 Montaxe de mobles e elementos de carpintería” e “ELEE0108 Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas”.

O programa DepoIntegra Xove preséntase en Tui

Undefined

Mañá mércores, 28 de febreiro, ás 11h na Aula CEMIT Área Panorámica de Tui celebrarase unha xornada sobre o  programa DepoIntegra Xoven que oferta o itinerario formativo de “Confección e publicación de páxinas web” na comarca do Baixo Miño. Estarán presentes a deputada de Emprego, Montserrat Magallanes, e a concelleira de Emprego, Milagros González, e o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría. 

Certificado acta do sorteo efectuado dentro do proceso selectivo de dous auxiliares administrativos a tempo parcial para a biblioteca

Data inicio:

 

Tendo en conta o sorteo efectuado o día 19/01/2018 o tribunal presenta a relación de puntuación dos aspirantes que aprobaron o proceso e non foron contratados, tendo en conta esta lista e aos dous aspirantes xa contratados formarase a listaxe de reserva por resolución de Alcaldía que en breves días subirase.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Emprego