Tui celebrará a 1ª San Silvestre Solidaria en favor da Asociación Española contra o Cancro
Tui despedirá o ano 2022 cunha proba deportiva, lúdica e sobre todo solidaria. O 31 de decembro, dende ás 10.30 da mañá celebrarase a 1ª San Silvestre Solidaria con inscricións de balde e na que todo o recadado en doazóns irá destinado a apoiar o labor da Asociación Española contra o Cancro no Baixo Miño.





O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.