O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.
Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.
Mañá sábado, 28 de xaneiro, a Federación Galega de Remo, en colaboración co Club Remo do Miño, organizará en Tui a primeira concentración da selección galega de remo olímpico neste ano 2023. Na mesma participarán un total de 40 remeiros e remeiras, das categorías cadete e xuvenil, pertencentes a 11 clubs galegos. Esta concentración ten como obxectivo a formación dos equipos que participarán no Campionato de España de autonomías, que se celebrará en Castrelo do Miño, o próximo mes de febreiro.
O Centro Municipal de Remo, á beira do río Miño, denomínase dende hoxe José Luís Méndez. Tui recoñece así á histórica figura do principal impulsor do remo na cidade, que tamén foi fundador do Club Remo do Miño no ano 1974.
Na fachada principal do edificio deportivo aparece xa a nova denominación, ao tempo que no interior unha placa, que foi descuberta pola viúva de José Luís Méndez, recolle o acordo plenario da corporación tudense neste senso.
Máis de 215 deportistas participarán este sábado, 14 de xaneiro, na edición número 42 da Regata Miño Internacional no río Miño ao seu paso por Tui. A histórica proba, organizada polo Club Remo do Miño en colaboración co Concello de Tui.
Máis de 215 deportistas participarán este sábado, 14 de xaneiro, na edición número 42 da Regata Miño Internacional no río Miño ao seu paso por Tui. A histórica proba, organizada polo Club Remo do Miño en colaboración co Concello de Tui, aumentará amais este ano a súa participación con respecto ao ano pasado.
Mañá xoves, 12 de xaneiro, ás 11.30 h, no salón de plenos da casa do concello de Tui, terá lugar a presentación da XLII Regata Miño Internacional, que se celebrará no río Miño, este sábado 14 de xaneiro, organizado polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui, co Deporte Galego da Xunta de Galicia, coa Deputación de Pontevedra e coa Federación Galega de Remo.
Tui vai despedir o ano con deporte, solidariedade, badaladas e música en directo na I San Silvestre Solidaria “Correr e Andar” en beneficio da Asociación Española contra o Cancro.
Vén de publicarse a resolución definitiva da concesión de bolsas a deportistas tudenses 2022 que se pode consultar no seguinte enlace.
Resolución definitiva da concesión de bolsas a deportistas tudenses 2022
Resolución definitiva da concesión de bolsas a deportistas tudenses 2022
A continuación pode consultarse a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas das bolsas a deportistas tudenses 2022
Listaxe definitivo de solicitudes admitidas e excluídas das bolsas a deportistas tudenses 2022