Tui inaugura a exposición ‘O Esforzo In-Visible’ das mulleres deportistas tudenses
No marco dos actos organizados polo 8M, o Día Internacional das Mulleres, o Concello de Tui inaugurou este mediodía a exposición ‘O Esforzo In-Visibile’ das deportistas tudenses. Nesta mostra recóllense imaxes e declaracións de 11 mulleres deportistas tudenses de élite en distintas disciplinas: Aida Valiño, Anita Rodríguez, Carmen González, Eva María Ara, Leticia Barbosa, Loli Pedrares, Marisa Giráldez, Nuria Domínguez, Sara Tui, Susana Fontán e Tania Fernández.





O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.