Solicitude permiso para a instalación postos-atraccións nas festas de San Telmo 2016
Ante a celebración das festas patronais de San Telmo 2016 ábrese o prazo para a presentación de solicitudes para a instalación de postos/atraccións durante os festexos. O prazo de presentación das solicitudes será entre os días 24 de febreiro e 2 de marzo de 2016.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.