A Panadaría do Porriño "Elisa e Marcela"
Elisa e Marcela foron o primeiro matrimonio homosexual en Galicia, casaron o 8 de xuño de 1901 e para logralo Elisa tivo que se transformar en Mario. A súa é unha historia de transgresión, de desafío ás regras do binomio de xénero, de defensa dos seus dereitos…
Autores: Esther Carrodeguas, Gena Baamonde e A Panadaría
Dirección: Gena Baamonde
Vestiario e caracterización: Fany Bello
Música: Ailén Kendelman
Iluminación: Laura Iturralde e Montse Piñeiro
Elenco: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman
Xénero: Comedia Musical





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.