Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Pleno ordinario da corporación municipal correspondente ao mes de setembro

Undefined

A corporación municipal de Tui celebra hoxe xoves pleno de carácter ordinario a partir das 20 h. 

A orde do día está formada por 23 puntos: 

A) Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, de borrador das actas das sesións anteriores extraordinaria nº 6 de 21/07/2020 e ordinaria nº 7 de 30/07/2020.

Convocatoria sesión nº 8/2020 de pleno ordinario do xoves, 24 de setembro de 2020

A corporación municipal de Tui celebra pleno de carácter ordinario, a sesión nº8/2020, o xoves 24 de setembro, ás 20 h. 

A orde do día é a seguinte: 

A) Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, de borrador das actas das sesións anteriores extraordinaria nº 6 de 21/07/2020 e ordinaria nº 7 de 30/07/2020.

2º.- Expediente 764/2020. Aprobación Conta Xeral correspondente ao exercicio 2019 (Expediente 764/2020). Proposta da Concelleira Delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns de data 09/09/2020.

Precintada e vallada a zona inferior do Parque Infantil dos xardíns de Troncoso ante os numerosos actos vandálicos rexistrados

Undefined

O Concello de Tui procedeu esta mañá ao precintado e vallado da parte inferior do Parque Infantil situado a carón dos Xardíns de Troncoso, no Paseo Familia Álvarez Blázquez. Esta decisión vén motivada polos reiterados actos vandálicos que estaban a rexistrarse nos distintos elementos do parque que foran renovados recentemente tras o seu acondicionamento para cativos e cativas de 0 a 5 anos, cun investimento de 13.752,38€, e que estaban aínda pendentes de rematar polo que esta zona estaba xa precintada.

Mañá preséntase o XVI Festival Internacional de Documentais de Tui, Play Doc

Undefined

Mañá xoves, 17 de setembro, ás 11 h na Área Panorámica terá lugar a presentación do XVI Play Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, que se vai celebrar na cidade do 23 ao 27 deste mes de setembro. 

No acto participarán Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Carmela Silva, presidenta da Deputación; Dolores Meijomín, coordinadora de Política Audiovisual da Axencia Galega das Industrias Culturais; Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui; Victoria Alonso, deputada de Cultura, e Ángel Sánchez, codirector do festival. 

 

O Centro Municipal de Formación acolle un Punto de Información, Orientación e Prospección para persoas con discapacidade

Undefined

O Centro Municipal de Formación do Concello de Tui, situado en Guillarei, conta cun Punto de Información, Orientación e Prospección dirixido a persoas con discapacidade.  Este servizo está recollido no convenio de colaboración asinado esta mañá entre o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente de COGAMI, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Anxo Queiruga.

No acto, desenvolvido na casa do concello, contou coa presenza da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, o presidente de VONTADE, Miguel Pazo, entre outros.

Ás 11.30 h asínase un convenio entre o Concello de Tui e COGAMI

Undefined

Hoxe martes, 15 de setembro, ás 11.30 h, no salón de sesións da casa do concello terá lugar a sinatura dun convenio entre o Concello de Tui e COGAMI para a ubicación no Centro Municipal de Formación dun Punto de Información, Orientación e Prospección dirixido a persoas con discapacidade.

A sinatura correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga. Tamén estará presente a concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez.

 

Mañá abre o prazo de presentación de solicitudes ás axudas municipais de material escolar e comedor

Undefined

Mañá martes, 15 de setembro, abre o prazo de presentación de solicitude das axudas municipais de material escolar e comedor dirixidas ao alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria para o curso 2020/21. Estas axudas van dirixidas prioritariamente a menores de familias con dificultades socioeconómicas e dificultades para conciliar a vida familiar e laboral.

Visita do Rei á Comandancia Naval do Miño

Undefined

Mañá mércores, 2 de setembro, o Rei Felipe VI realizará unha visita oficial á Comandancia Naval do Miño en Tui. 

Por este motivo haberá unha serie de restriccións do tráfico que afectarán ao estacionamento en varias rúas. Así mañá mércores, dende ás 7 h, non se poderá estacionar na rúa Palláns, Calzada, Coengo Valiño, Antero Rubén, e Baixada ao Embarcadoiro. Xa dende onte non se pode aparcar no Paseo Fluvial a carón do Club Náutico. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía