Pleno extraordinario da corporación este xoves, 30 de xuño
A corporación municipal de Tui celebra este xoves, 30 de xuño, ás 20 h sesión con carácter extraordinaria de pleno con 9 puntos na orde do día.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
A corporación municipal de Tui celebra este xoves, 30 de xuño, ás 20 h sesión con carácter extraordinaria de pleno con 9 puntos na orde do día.
A corporación municipal de Tui celebra este xoves, 30 de xuño, ás 20 h sesión con carácter extraordinaria de pleno con 9 puntos na orde do día.
A humanización da Avenida de Portugal suporá un investimento superior aos 600 mil euros. Trátase dunha obra “prioritaria e moi necesaria que contribuirá á transformar esta vía” segundo explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. O rexedor tudense lembra que a execución desta humanización é unha vella reivindicación que está máis próxima de facerse realidade.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, asistirá este domingo na cidade de Lugo aos actos da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia á Xesús Sacramentado que terá lugar na catedral daquela cidade.
A EDAR de Guillarei acolleu hoxe a entrega dos premios da quinta edición concurso de debuxo infantil impulsado polo Consorcio de Augas do Louro con motivo do Día Mundial da Auga, que desta vez xirou baixo o lema “AQUAL E ODS6, NO NOVO RETO AQUA-OLÍMPICO”. No mesmo participaron escolares de 3º e 4º de Primaria dos catro concellos consorciados.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participa mañá venres, 24 de xuño, na cidade de Lucena na 60ª Asemblea Xeral da Red de Juderías de España – Camiños de Sefarad. Na mesma reuniranse os e as representantes das vinte e unha cidades que integran esta rede de municipios.
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá este domingo, 26 de xuño, dende ás 10.30 h o VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Esta proba deportiva está organizada polo Club Di Som Tui en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. Esta competición reunirá a máis de 300 participantes de España e Portugal.
O CEIP Nº1 de Tui despediu o curso escolar recibindo ao equipo da Axenda Urbana. Xuntos diagnosticaron a situación actual da cidade e adiantaron futuras iniciativas, sempre sostibles, para implantar.
O equipo da Axenda Urbana atopouse con interlocutores expertos coñecedores de cada un dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) moi conscientes da importancia de vivir en equilibrio. O alumnado do Nº1 vén de clausurar o seu congreso educativo ODS 2030 e de traballar ao longo do curso no coñecemento de cada un dos dezasete obxectivos.
Mañá mércores, 22 de xuño, ás 11.30 h no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, evento organizado polo Club Ximnasia e Auga de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. Celebrarase o domingo 26 de xuño, a partir das 10.30 horas, no pavillón municipal Gustavo Rodríguez.
O presidente da Entidade Local Menor de Pazos de Reis e a membros da directiva da Asociación Cultural Aloia reuníronse co equipo da Axenda Urbana de Tui para trasladarlles as súas necesidades, analizar o seu día a día e abordar o futuro das súas parroquias.