Convocatoria sesión plenaria nº 9/2022 de pleno ordinario do xoves, 24 de novembro de 2022
Convocatoria sesión plenaria nº 9/2022 de pleno ordinario do xoves, 24 de novembro de 2022
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Convocatoria sesión plenaria nº 9/2022 de pleno ordinario do xoves, 24 de novembro de 2022
Sheila, Xoán, Elisa, Gabriel, Mara, Lorena, Carlos, Eva, Mara, Diego, David, Elena, Javier,.. foron parte dos nenos e nenas que esta mañá protagonizaron o primeiro pleno infantil celebrado no Concello de Tui coincidindo coa conmemoración este domingo, 20 de novembro, do Día Mundial dos Dereitos da Infancia. Unha sesión plenaria especial coa que amais o Concello de Tui abre un proceso de participación infantil e adolescente que hoxe neste pleno foi tamén refrendado por unanimidade.
O Concello de Tui retoma o vindeiro martes, 22 de outubro, ás 19,30 horas no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) a celebración do “Foro do Camiño Portugués” coa presenza na nosa cidade do director da Área de Cultura Xacobea da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Francisco Singul Lorenzo, que pronunciará unha conferencia titulada: “Puerto y Puerta del Camino Portugués: Tui en la construcción cultural de la peregrinación a Santiago”.
Dentro do Foro do Camiño Portugués organizado polo Concello de Tui o martes, 22 de outubro, ás 19,30 horas no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) intervirá o director da Área de Cultura Xacobea da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Francisco Singul Lorenzo. Pronunciará unha conferencia titulada: “Puerto y Puerta del Camino Portugués: Tui en la construcción cultural de la peregrinación a Santiago”.
O Concello de Tui acolleu hoxe a presentación do concerto solidario organizado pola Agrupación de Protección Civil de Tui en favor da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, que conta coa colaboración do Concello e da Deputación de Pontevedra.
Hoxe venres, 11 de novembro, ás 12 h na casa do concello de Tui será presentado o Concerto Solidario organizado pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui que se vai celebrar o sábado, 10 de decembro, no Teatro Municipal de Tui.
Outubro pechouse con grandes cifras de peregrinos que escolleron Tui como punto de partida para realizar o Camiño de Santiago no seu itinerario portugués. 2.906 foron os peregrinos e peregrinas que se achegaron ata a cidade para comezar este percorrido santo, confirmando a Tui como a cuarta cidade de inicio de peregrinación tras Sarria (14.497), Saint Jean Pied de Port (5.682) e Porto (4.612).
Tres membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui recibiron o pasado sábado na Estrada, na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, o distintivo de permanencia de Protección Civil.
Trátase de José Pérez Alonso, Adolfo Pérez Paramos e Nicolás Martínez Pazos, que levan 32 anos formando parte da agrupación tudense. Foron 3 do 57 voluntarios de agrupacións de toda Galicia que recibiron este recoñecemento por levar máis de 25 anos formando parte de Protección Civil.
A subdelegación de Defensa en Pontevedra fixo entrega esta mañá ao Concello de Tui dunha réplica dun mapa histórico da provincia de Tui procedente do Archivo cartográfico y de estudios geográficos del Centro Geográfico del Ejército en Madrid.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu de mans do subdelegado de Defensa, Miguel C. Cortés Calvo, acompañado polo Comandante Naval do Miño, Pablo Redondo, este obsequio no que se plasma nunha nova ocasión a boa relación entre o Concello de Tui e as Forzas Armadas.
O Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, Mitma, adxudicou as obras de adecuación e mellora da seguridade vial na Avenida de Portugal nun tramo de 400 metros na N-551 entre o cruzamento coa N-550 (intersección do Parador) até a vella Ponte Internacional.
As obras foron adxudicadas por importe de 532.870 euros e consistirán na mellora da seguridade vial e estética desta Avenida, entrada a España dende Portugal, Camiño de Santiago e acceso á cidade.