O Consorcio de Augas do Louro dá un novo impulso ao seu labor divulgativo e convida a visitar as súas instalacións
O venres 13 de marzo de 2020 o CIFP A Granxa, de Ponteareas, realizaba unha visita guiada á estación depuradora de augas residuais de Guillarei.
Foi ao día seguinte, o 14 de marzo de 2020, cando se decretou o estado de alarma pola COVID-19 e comezou un período de confinamento que obrigou ao Consorcio a manter os servizos cos medios mínimos imprescindibles e suspender as vistas as súas instalacións.





