O comité do Consorcio de Augas do Louro aproba os seus orzamentos para 2023
O Comité do Consorcio de Augas do Louro arranca este ano cuns novos orzamentos aprobados de maneira definitiva o pasado mes de novembro. As contas aprobadas polo Comité ascenden a 4.266.200 euros. Dita contía procede en exclusiva da previsión de ingresos procedentes de taxas, prezos públicos e outros ingresos, e na mesma xa se ten en conta a minoración dos ingresos procedentes da aplicación da modificación da Ordenanza reguladora do prezo público para baleirado de pozos negros e fosas sépticas domésticas, limpeza de acometidas, canos e desaugadoiros e traslado de lodos.





