Convocatoria Sesión 2/2018 Pleno Ordinario xoves 22 de febreiro
Convocatoria Sesión 2/2018 Pleno Ordinario xoves 22 de febreiro de 2018
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Convocatoria Sesión 2/2018 Pleno Ordinario xoves 22 de febreiro de 2018
O Concello de Tui, a travaés do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a concelleira de Educación, Mila González, presentaron hoxe ao xefe territorial de Educación, César Pérez Areas, a proposta para emprazar na Macoca o novo colexio de Pazos de Reis.
O próximo luns, 19 de febreiro, volverá abrir no seu horario habitual – de luns a venres de 16 a 21h – a Aula da UNED de Tui logo acordo chegado nos últimos días entre o Concello e a UNED no referido á contratación dun conserxe para este centro.
O próximo martes, 20 de febreiro, ás 11h terá lugar a inauguración da exposición “Sorrisos Transformadores” da Deputación de Pontevedra e de Arelas, Asociación de Familias de Menores Trans. A inauguración correrá a cargo do alcalde, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Servizos Sociais, Estrella Carmen Muradás, e a deputada de Servizos Sociais, Digna Rivas.
Informe histórico sobre o Pacto de Tui de 1.137 elaborado polo intérprete do patrimonio e historiador Suso Vila.
O goberno municipal de Tui aposta pola celebración do Pacto de Tui, cunha festa que pon en valor a rica historia medieval da cidade vinculándoa a sinatura deste pacto que tivo lugar o 4 de xullo do 1.137. Con este evento crearíase marca cidade, xa que tal e coma o nome do propio pacto indica só se podería celebrar en Tui, e ao tempo cubriría a carencia dun festexo importante estival, combinando no mesmo o compoñente medieval, e o atractivo de concertos destacados.
O proxecto definitivo de orzamentos xerais do concello de Tui para 2018 ascende a 8.173.010,32€. Trátase dun orzamentos serios, realistas, expansivos e responsables cos que queren crear as bases para unha organización máis eficiente no concello. Así o expuxo esta mañá o alcalde, Carlos Vázquez Padín, en rolda de prensa, acompañado polos membro do equipo de goberno Antonio Castro, Mila González, Eduardo Freiría, Estrella Carmen Muradas e Mª Jesús da Silva. As contas municipais serán levadas ao pleno ordinario do próximo xoves 22 de febreiro.
Mañá venres, 16 de febreiro, ás 12h na sala de reunións da casa do concello de Tui, o alcalde Tui, Carlos Vázquez Padín, presentará en rolda de prensa o proxecto dos orzamentos municipais para 2018, que serán levados ao pleno ordinario do 22 deste mes.
O venres, 9 de febreiro, ás 21h na Casa Cultural de Caldelas o goberno municipal de Tui se presentará aos veciños desta parroquia, facendo a exposición do traballo que queren realizar no rural. Neste acto tamén presentarán ao representante dos veciños de Caldelas, que servirá de enlace para canalizar as peticións da parroquia co goberno municipal. Os asistentes poderán formular as súas preguntas e rogos tanto ao alcalde, Carlos Vázquez Padín, coma aos outros concelleiros do equipo de goberno
O goberno municipal de Tui traballa para solucionar as carencias que na actualidade presentan as dependencias que acollerán o comedor do CEIP nº2 de Tui na antiga casa do conserxe deste centro. A gran demanda deste servizo que presta este centro educativo fixo que se plantéxase un novo emprazamento cara un lugar con maior capacidade.