Convocatoria Sesión 3/2018 Pleno Ordinario xoves 22 de marzo
Convocatoria do pleno ordinario da corporación municipal de Tui do xoves, 22 de marzo, de 2018
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Convocatoria do pleno ordinario da corporación municipal de Tui do xoves, 22 de marzo, de 2018
Esta mañá reuníronse na casa do concello de Tui o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Educación, Mila González, e a secretaria do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, María Troncoso, para buscar unha solución á apertura da aula tudense.
A zona de Secretaría na planta baixa da Casa do Concello vén de ser reestruturada ofrecendo un entorno máis axeitado tanto para os traballadores coma para o público que acode a realizar calquera xestión.
Coa nova distribución, coa que se creou un espazo máis aberto, sinalizáronse con carteis indicativos os trámites que se realizan en cada posto de traballo, de tal xeito que o cidadá pode identificar claramente a quen dirixirse en función da xestión pola que acode até o concello.
Resolución de alcaldía de 14 de febreiro de 2018 de modificación datas de celebración sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local, establecendo que as sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local terán lugar os luns, cada quince días, ás 9:30 horas na Sala de Concelleiros da Casa do Concello.
O Concello de Tui vén de adxudicar o anteproxecto e estudio de viabilidade do aparcamento subterráneo na traseira da Área Panorámica por un valor de 17.500€ máis IVE. O estudio de arquitectura adxudicatario encargarase tamén da redacción dos pregos técnicos para a posterior adxudicación do proxecto e da construción do aparcamento subterráneo, cuxa construción debería estar en marcha no que queda do actual mandato.
O concello de Tui convoca á poboación á concentrarse mañá mércores, 14 de marzo, ás 12h diante da casa do concello e gardar un minuto de silencio en memoria do neno Gabriel Cruz, asasinado en Níjar, Almería.
O goberno municipal de Tui tratará nos vindeiros meses de levar a pleno a rebaixa do IBI, Imposto de Bens Inmobles, que era un dos puntos do acordo programático chegado entre C21 e PP para gobernar no Concello de Tui.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, explicaba que esa rebaixa do IBI, faise máis pertinente que nunca “tendo en conta o malestar que está xerando na poboación a regularización do Catastro” algo que aclara “é completamente alleo ao concello”.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a subdelegada do goberno Ana Mª Ortiz, presiden maña venres, 9 de marzo, ás 10.30h a Xunta Local de Seguridade na sala de reunións da casa do concello de Tui.
A orde do día é a seguinte:
1º.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior celebrada o a acta da sesión anterior celebrada o día 4 de maio de 2017.
2º.- Incremento do vandalismo nocturno no Conxunto Histórico de Tui e noutros puntos da cidade.
O venres, 9 de marzo, ás 20.30h, no Local do Sindicato de Malvas, equipo de goberno do Concello de Tui presentarase aos vecinos desta parroquia facendo tamén a exposición do traballo que quere realizar no rural.
Ao tempo presentarase ao representante dos veciños de Malvas que servirá de enlace para canalizar as peticións da parroquia co goberno municipal.
Todas aquelas persoas asistentes poderán formular as súas preguntas e rogos tanto ao alcalde como ao resto de concelleiros que conforman o equipo de goberno.
A Eurocidade Tui-Valença estudará a solicitude de subvencións para poder converter a Tui e a Valença nunha Smart City logo da presenza de técnicos das dúas cidades a pasada semana en Barcelona no World Congress Mobile.
Para o Concello de Tui asumir en solitario o investimento preciso para a modernización dos servizos que presta sería inviable economicamente polo seu tamaño polo que a aposta sería a asociación con municipios limítrofes, inclinándose por esa alianza con Valença dentro da Eurocidade.