Convocatoria sesión 7/2019 Pleno Extraordinario
Convocatoria sesión 7/2019 Pleno Extraordinario aprobación actas
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Convocatoria sesión 7/2019 Pleno Extraordinario aprobación actas
Convocatoria de pleno extraordinario para o sábado 15 de xuño de 2019 para a constitución da nova corporación e elección de alcalde.
Mañá martes, 11 de xuño, ás 11.30 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da actividade Aloiada 2019, organizada polos colexios CEIP Nº1, Nº2, Pazos de Reis, Guillarei, Rebordáns, Maristas, Randufe e Caldelas, en colaboración co Concello de Tui.
Mañá sábado, 8 de xuño, ás 20 h terá lugar o descubrimento da placa do Paseo Familia Álvarez Blázquez, tras o acordo unánime da corporación municipal en pleno o pasado mes de abril.
O acto comezará na Glorieta de Vigo coa recepción dos membros da familia Álvarez Blázquez e convidados por parte da corporación municipal en funcións.
Mañá sábado, 1 de xuño, a asociación Iacobus en colaboración co Concello de Tui organiza unha andaina polo Camiño de Santiago Portugués no seu tramo de Caminha a Tui. Esta actividade foi presentada esta mañá no Concello de Tui por parte de Victoria Álvarez, Alfonso Ferreiro e Juanjo Sánchez, da asociación Iacobus, de Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura en funcións, e Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui en funcións.
O Concello de Tui presentou esta mañá o seu Plan de Emerxencias Municipal. O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro Negro e o encargado do Plan, Daniel Lorenzo da empresa encargada Previnem, foron os responsables de dar a coñecer o documento.
Mañá venres, 24 de maio, ás 10.00h terá lugar na Sala de Concelleiros da casa do concello de Tui a presentación do Plan de Emerxencias Municipal.
Estarán no acto o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro Negro.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, emitiu un bando - asinado o 21 de maio de 2019, sobre normas para a celebración das fogueiras de San Xoán.
Un saúdo.
Na mañá de hoxe presentouse no Concello de Tui o Concurso de Ideas para a Reordenación da Fronte Fluvial. Estiveron no acto o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto a Antonio Davila, Manuel Martínez e Simón Pereiro da delegación en Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia.
Na mañá de hoxe tivo lugar a presentación do inicio do Plan de Mobilidade Sustentable (PMUS) para o Concello de Tui, adxudicado a empresa Eptisa por un importe de preto de 13.000 euros, financiados pola Deputación de Pontevedra na súa totalidade.
O documento definitivo, que será presentado, como data límite o 20 de outubro, será a folla de ruta para mellorar a mobilidade na cidade, dando prioridade ós peóns e transporte público ou eléctricos sobre os vehículos privados, reducindo así o gasto enerxético o e impacto medioambiental.