O concerto do grupo Best Boy e os viños de catro adegas pechan este domingo o programa “Música e viño no teu camiño”
O Concello de Tui acolle este domingo o evento que pecha o programa “Música e viño no teu camiño” promovido por Eu Rural e financiado por O teu xacobeo. A presentación desta actividade tivo lugar este mediodía na casa do concello de Tui a cargo de Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Sandra González, a presidenta de Eu Rural e alcaldesa de Tomiño, Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui, e Ángel Sánchez, de Best Boy.





