“Marxes líquidas” de María Fandiño e Miriam García gaña o concurso de ideas para a reordenación da fronte fluvial do Miño
A proposta “Marxes Líquidas”, do equipo formado por María Fandiño Iglesias e Miriam García García, é a gañadora do concurso de ideas de Reordenación da Fronte Fluvial do río Miño en Tui, convocado polo Concello de Tui en colaboración co COAG, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. O premio está dotado con 18 mil euros.





