Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá inaugúrase a nova iluminación da Catedral de Tui

Undefined

Mañá sábado, 27 de xuño, terá lugar a inauguración da nova iluminación da Catedral de Tui. O acto simbólico de acendido realizarase ás 23 h na praza de San Fernando.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o bispo da diocese, Antonio Valín; o  director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; a presidenta do Xeodestino e alcaldesa de Tomiño, Sandra González; a representante institucional e alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández; e o redactor do proxecto e presidente do COAG en Vigo; Manuel M. Carazo, intervirán neste acto. Tras o acendido soarán as campás da Catedral.

“Relicario” é a intervención artística que Carlos Fer realizará na Catedral de Tui

Undefined

O tudense Carlos Fer realizará unha intervención artística, baixo o título de “Relicario” na Catedral de Santa María de Tui dentro do programa conmemorativo do oitavo centenario da consagración do templo tudense.  O luns, 29 de xuño, ás 19 h está prevista a inauguración na propia Catedral.  

Tui celebra o aniversario dos Xogos Florais coa presentación do libro “Tui, 1900-1936” e co espectáculo de poesía e música “Medula” de Cristal Méndez

Undefined

O Espazo Sociocultural, da rúa Camilo José Cela, acolle este mércores, 24 de xuño, a partir das 19 h a conmemoración do aniversario dos Xogos Florais de Galicia, coa presentación dun libro e cun espectáculo de poesía e música. 
O Concello de Tui promove, un ano máis, a conmemoración do que foi o primeiro acto público celebrado integramente en lingua galega na etapa contemporánea que se celebrou no Teatro Principal tudense entre o 24 e o 26 de xuño de 1891. 

Música, cinema, danza e gastronomía no Verán Cultural de Tui

Undefined

O Concello de Tui pon en marcha o Verán Cultural 2026, cunha programación que se celebrará do 3 de xullo ao 22 de agosto. Abarca festivais de música, cinema ao aire libre, danza, gastronomía popular, bandas de música e eventos internacionais. Con máis de vinte actividades, esta edición consolida Tui como un referente cultural da provincia de Pontevedra e da Eurocidade Tui-Valença.

Os Sambenitos da Catedral de Tui expóñense en Ávila

Undefined

Os Sambenitos da Catedral de Tui son pezas únicas que este días se poden  visitar en Ávila na exposición “Historia, Memoria e Infamia” que foi inaugurada esta mañá na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de San Francisco. 

O acto contou coa participación do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do alcalde de Ávila, Jesús Manuel Sánchez Cabrera, das concelleiras de Turismo de Tui, Ana Núñez, e de Ávila Sonsoles Prieto, do comisario da exposición, Rafael Sánchez Bargiela, e do xerente da Red de Juderías Iñaki Echeveste. 

O libro das festas de San Telmo presta este ano especial atención ao 800 aniversario da consagración da Catedral

Undefined

O Concello de Tui edita cada ano libro das festas de San Telmo, no que este ano o 800 aniversario da consagración da Catedral ten especial protagonismo.  Trátase dunha publicación de 80 páxinas na que a través de trece colaboracións  se abordan tamén outros temas como a figura de San Telmo e a propia cidade.  O libro, cunha coidada edición, recolle  unha trintena de fotografías antigas da cidade e da catedral xunto a outro amplo número de imaxes actuais deste templo e a cidade histórica da autoría de Gus Abreu.

Christopher Pérez Quartet ofrecerá un concerto en Tui no marco do 800 aniversario da Consagración da Catedral

Undefined

Unha amalgama de sons e estilos musicais resoarán o próximo venres, 20 de marzo,  no Teatro Municipal no concerto que ofrecerá Christopher Pérez Quartet, no marco da programación conmemorativa do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui.

Páxinas

Subscribirse a RSS - 800 Catedral