Exposición fotográfica “A penumbra do tempo: 800 anos de luz e sombra na catedral de Tui” do fotógrafo Gus Abreu.
A Sala Municipal de Exposicións, no Edificio Francisco Sánchez, acolle do 19 de outubro ao 30 de novembro a exposición fotográfica “A penumbra do tempo: 800 anos de luz e sombra na catedral de Tui” do fotógrafo Gus Abreu.
A mostra recolle 30 imaxes en gran formato que pretenden capturar e desvelar aqueles elementos, texturas, relevos, inscricións e detalles construtivos que, por atoparse en zonas restrinxidas, áreas de acceso elevado ou espazos pouco frecuentados polo público xeral, permanecen invisibles aos ollos do visitante cotián.




