Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.

Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre  información, asesoramento e asistencia a mulleres”.

Tui alza a voz contra a violencia de xénero

Undefined

Tui reforza, nunha data tan sinalada coma o 25N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, o seu compromiso coa igualdade e coa loita contra violencia de xénero. Así queda reflectido no programa que se está a desenvolver baixo o lema “Que a vergoña cambie de lado. A nosa voz contra as violencias machistas”, cun amplo abano de actividades nas que aposta pola educación, a formación e  información, para erradicar esta lacra da nosa sociedade.

“A ciencia da adolescencia” este mércores en Tui con Arantxa Treus e Leticia Costas

Undefined

Dentro da programación do 25N a Sala Félix Rodríguez acollerá este mércores, ás 19 h, a charla “A Ciencia da Adolescencia”. Na mesma a actriz Arantxa Treus e a divulgadora científica Leticia Costas abordarán con humor, empatía e neurociencia as situacións máis habituais que viven as familias no seu día a día con adolescentes. 

“Que a vergoña cambie de lado”  lema da programación do 25N en Tui

Undefined

“Que a vergoña cambie de lado. A nosa voz, contra as violencias machistas!” é o lema co que o Concello de Tui vai conmemorar este ano o 25N, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Nas dúas próximas semanas vaise desenvolver un amplo programa de actividades reivindicativas, formativas, e de reflexión. Nas mesmas vai participar a comunidade educativa tudense, xunto a entidades feministas, corpos de seguridade, institucións, profesionais da cultura, entre outros. 

O Concello de Tui avanza na constitución dunha Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero

Undefined

O Concello de Tui avanza, con paso firme, na constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero. Esta é unha iniciativa clave para fortalecer a colaboración entre axentes locais na loita contra a violencia de xénero.

Un encontro coa escritora Rexina Vega abre a nova temporada dos clubs de lectura en Tui

Undefined

A escritora Rexina Vega estará mañá mércores en Tui para manter un encontro coas persoas integrantes dos clubs de lectura tudenses sobre o seu último libro “O teu perfil na miña sombra” publicado este ano en Galaxia. Unha actividade que promove a concellería de Igualdade do Concello de Tui.

Accións culturais e creativas promocionan a igualdade a través do programa Boas Vibes

Undefined

Obradoiros e actividades de música, danza, poesía, cómic, skate e rolling serán protagonistas na segunda quincena deste mes de outubro e en novembro en Tui da man do programa Boas Vibes organizado pola concellería de Igualdade do Concello de Tui. 

Estas accións culturais e creativas desenvolveranse cunha perspectiva de xénero co fin de promover a igualdade e sensibilizar contra as violencias machistas. 

Este venres impártese en Tui a acción formativa “Emprega IA” dirixida a mulleres

Undefined

Este venres, 27 de setembro, celebrarase na Aula Cemit no edifico Francisco Sánchez a formación “Emprega IA. Marca persoal e Intelixencia Artificial para o crecemento profesional das mulleres”.

Esta xornada formativa desenvolverase en horario de 9.30 a 13.30 h impartida por profesionais de Kidcode.

O Concello de Tui presenta “Boas Vibes”, un innovador programa para a promoción da igualdade na mocidade.

Undefined

Os días 20, 21 e 22 de setembro, a cidade de Tui converterase no epicentro da creatividade xuvenil coa celebración de "Boas Vibes", unha iniciativa que busca fomentar a igualdade de xénero a través da arte, a cultura e o deporte. 

Este programa, dirixido especialmente á mocidade, ofrecerá obradoiros e accións culturais e creativas  en distintos espazos da cidade, enfocándose en sensibilizar contra as violencias machistas e contribuíndo á construción dunha sociedade mais corresponsable, igualitaria e inclusiva. 

Páginas

Suscribirse a RSS - Igualdade