Eris Mackenzie actuará no Festival Boas Vibes
Eris Mackenzie é un dos artistas que actuará no Festival Boas Vibes que se vai celebrar o sábado, 6 de setembro, na Alameda de San Domingos. Cun son de indie-pop electrónico estará en concerto ás 22 h pechando unha xornada chea de música e actividades para a mocidade.
Eris Mackenzie é o proxecto en solitario do galego Carlos Eirís. Autodidacta no ámbito musical, a través da súa paixón e inquedanza, quixo experimentar con distintos instrumentos e técnicas.