Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este domingo remata o prazo de inscrición para o Mercado Creativo do Festival Boas Vibes

21/08/2025

Celebrarase o sábado, 6 de setembro,  de 11 a 21 h na Alameda de San Domingos

Este domingo, 24 de agosto, ás 23.59 h, remata o prazo de inscricións para participa no Mercado Creativo que terá lugar en Tui o próximo domingo, 6 de setembro, de 11 a 21 h, na Alameda de San Domingos, no marco do Festival Boas Vibes.

A convocatoria vai dirixida á mocidade, con idades entre os 18 e os 35 anos, brindando un espazo de exhibición e venda co que amosar o talento novo en moi diversas disciplinas. Así poderán participar mozos e mozas creadoras en  produtos e pezas de arte, artesanía, ilustración, moda, música, cerámica, xoiería, decoración, deseño gráfico, fanzines, literatura e outras actividades creativas. Poderase participar a título individual ou colectivo.

Para inscribirse deberán cubrir o formulario dispoñible na web municipal,  https://tui.gal/gl/mercado-creativo-de-talento-mozo-boas-vibes , e adxuntar tres fotografías dos seus produtos, ou enlace ao traballo.

A participación no Mercado Creativo de Talento Mozo é de balde para as mozas e mozos expositores. Unha vez terminado o prazo de inscrición a organización procederá a realizar a selección da mocidade participantes coas súas obras.

Os mozos e mozas interesados en participar neste mercado poden contactar co correo electrónico  igualdade@tui.gal ou no teléfono 664 55 24 93.

O Mercado Creativo do Festival Boas Vibes converterase o próximo 6 de setembro nun escaparate da creatividade da mocidade e nun punto de encontro entre artistas, entre os que poden xurdir futuras colaboracións.