As tres corais tudenses brindarán un concerto cheo de maxia este sábado no Teatro Municipal de Tui
As tres corais tudenses volven sumarse á maxia do Nadal de Tui co seu tradicional concerto de Nadal. A Coral Ponte das Febres, a do Centro Sociocomunitario e a de San Telmo actuarán no Teatro Municipal de Tui este sábado 28 ás 20 h.
Cada unha das corais interpretará cinco cancións, entre as que se atopan panxoliñas tradicionais, en galego, castelán e inglés, e outras pezas como “Meus amores”, “Galicia canta” ou “Para quererte tanto”.
O concerto rematará cunha actuación conxunta entre as tres corais, interpretando “Los amigos así”.