A Catedrática Marta Cendón ofrecerá o martes unha conferencia sobre a Catedral de Tui en 1225
Dentro do programa de actividades conmemorativo do 800 aniversario da consagración da catedral de Tui o vindeiro martes, 30 de decembro, ás 19.30 h, no Espazo Sociocultural da r/Camilo José Cela, terá lugar unha conferencia da recentemente nomeada catedrática de historia da arte da Universidade de Santiago de Compostela, Marta Cendón Fernández, titulada “A catedral de Tui a 30 de novembro de 1225. Qué estaba feito e que faltaba por facer?”.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.