Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

A maxia do Nadal chega á Biblioteca Municipal con actividades para todos os públicos

Undefined

A maxia do Nadal chega tamén á  Biblioteca Pública Municipal de Tui  cunha oferta de actividades dirixidas a todas as idades pero con especial atención á rapazada que ten nestas datas un especial protagonismo.

Máis de 600 persoas teñen participado xa nas primeiras actividades desenvolvidas a pasada semana.

O Teatro Municipal de Tui énchese de maxia e de música este Nadal

Undefined

Catro son os concertos que dentro da programación de Nadal acollerá o Teatro Municipal de Tui. Con estes catro eventos este espazo encherase da música e da maxia destas festas.

A primeira das citas será este mércores, 11 de decembro, ás 20 h co Concerto Solidario de Nadal do alumnado do Conservatorio Profesional/Elemental e da Escola de Música Municipal de Tui. Serán os encargados de abrir este mes de maxia e música no Teatro. A entrada, de balde, pódese retirar dende ás 18 h, entregando un quilo de alimentos non perecedoiros, e até completar o aforo.

Unha escolma das obras participantes no concurso Pinta Tui 2024 exponse ao público no Anexo da Sala Municipal

Undefined

O Anexo da Sala Municipal de Exposicións no Edificio “Francisco Sánchez” acolle até o 4 de xaneiro unha escolma das obras gañadoras do  certame de pintura rápida ‘Pinta Tui’ que neste ano alcanza a súa novena edición.

O concurso, celebrouse no mes de novembro coa colaboración do Concello e doutras entidades da cidade, contando coa participación de máis dunha trintena  de persoas de toda a provincia de Pontevedra e da Coruña. Nas súas obras, que agora se poden ver expostas ao público, recolleron  espazos e lugares de Tui con diversas técnicas e estilos.

Tui un destino único e cheo de maxia para celebrar estas festas

Undefined

Este Nadal, Tui convértese no lugar ideal para vivir unha experiencia inesquecible. Baixo o lema "A Maxia do Nadal está en Tui", o municipio ofrece á veciñanza e visitantes un amplo programa de actividades para todas as idades, cargado de tradición, encanto, maxia e espírito festivo.

Agasallos, decoración, artesanía, e delicias gastronómicas ofértanse nos 20 postos do Mercado de Nadal instalados no Paseo da Corredoira en casetas de madeira cunha coidada decoración. Esta fin de semana abre de 12 a 14 h e de 17 a 22 h, coa salvidade de que o domingo os postos pecharán ás 21 h.

O espectáculo musical “Estrela” encherá de maxia o Nadal de Eurocidade

Undefined

O espectáculo musical “Estrela” encherá de maxia o Nadal da Eurocidade Tui-Valença o próximo sábado, 21 de decembro, ás 21.30 h ES no Teatro Municipal de Tui.

A Cámara de Valença e o Concello de Tui, que conforman a Eurocidade, reforzan un Nadal máis a unión entre ambos municipios a través da música.

A música do Conservatorio e da Escola de Música de Tui súmase á maxia deste Nadal con catro concertos

Undefined

O bo facer dos músicos e músicas que forman parte do Conservatorio Profesional/Elemental e da Escola de Música Municipal de Tui estará moi presente no Nadal, con catro concertos abertos á veciñanza para poñer a nota musical a este mes de decembro. Deste xeito o alumnado deste centro de ensinanzas musicais súmase á maxia do Nadal en Tui.

A primeira cita será o próximo mércores 11, ás 20 h, no Teatro Municipal, e será solidaria con SOS Tomiño Baixo Miño. A entrada será 1 kg de alimentos non perecedoiros que se recollerá na porta do teatro o propio día do concerto.

Os Bolechas chegan a Tui este Nadal para tocar  cunha gran orquestra

Undefined

“Os Bolechas tocan nunha grande orquestra” é o espectáculo que o próximo xoves, 5 de decembro, ás 19 h chega ao Teatro Municipal de Tui da man desta popular familia e dentro da programación de Nadal.

O tambor, a guitarra, o piano, a frauta... son algúns dos instrumentos musicais que soan na orquestra dos Bolechas, que nunha nova xira de teatro ofrecerán un gran concerto para transmitirlles aos nenos e nenas a importancia da colaboración e a creatividade.

Estrea da serie documental sobre Rosendo Salvado o mércores 4 de decembro no Teatro Municipal

Undefined

O próximo mércores, 4 de decembro, ás 18.30 h o Teatro Municipal de Tui acolle a estrea da serie documental “Rosendo Salvado: aventura e misión dun galego en Australia” dirixida por Valentín Carrera.  Ao longo de catro capítulos, de media hora, relata a incrible e fascinante biografía de Rosendo Salvado —nacido en Tui en 1814— como viaxeiro, músico, escritor, emprendedor, precursor da homeopatía, antropólogo e científico.

Tui acende este sábado o Nadal

Undefined

Tui acenderá este sábado, 30 de novembro, ás 18.30 h o seu Nadal. Será co simbólico acto de acendido do alumeado de Nadal que se desenvolverá na praza da Inmaculada. Máis de 506 mil bombillas led e máis de 4 mil metros de elementos luminosos encherán de luz e de cor das rúas e prazas da cidade para vivir un Nadal cheo de maxia.  O acendido das luces contará coa banda sonora do Coro Infantil de Pazos de Reis que interpretará composicións propias destas datas enchendo de música a Praza da Inmaculada.

Robín Trigas inaugura este xoves a mostra “Después de que nos hayamos ido” en Tui

Undefined

Este xoves, 21 de novembro, ás 19.30 h terá lugar a inauguración da exposición “Después de que nos hayamos ido” de Robín Trigas na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio Francisco Sánchez.  A mostra poderá visitarse até o 11 de xaneiro de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 20.30 h e os sábados de 9 a 13 h. 

Páginas

Suscribirse a RSS - Cultura