Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Sete tudenses participaron no XII Foro Infantil UNICEF, celebrado no Parlamento de Galicia

Undefined

Sete membros do Consello Local de Participación Infantil e Adolescente de Tui participaron no XII Foro Infantil UNICEF, celebrado no Parlamento de Galicia. No acto, que forma parte do Pacto Galego pola Infancia, estiveron acompañados pola concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade, Sonsoles Vicente.

Paula Pier pecha a programación de outono no Teatro Municipal de Tui con “Eu, Fraude!”

Undefined

“Eu, Fraude!” é o título do espectáculo que este venres, 15 de novembro, ás 21 h presenta Paula Pier no Teatro Municipal de Tui pechando a programación de outono neste espazo.

Cun elenco conformado pola propia Paula Pier, Chus López, Sandra Pérez e María Velasco, anima ao público a facerlle un canto á vida, para liberarse das caretas autoimpostas pola sociedade.

Este espectáculo fala da posibilidade de agarrarse forte á vida e de gritarlle ao mundo coa voz do noso propio ser, con poesía e cancións para realizar unha viaxe emocional, positiva e esperanzadora.

Alumnado de 4º da ESO asistiu hoxe a unha nova proxección do programa O cine nas aulas

Undefined

O cinema coma ferramenta educativa e de traballo é a clave sobre a que hai anos o Concello de Tui leva a cabo o programa “O cine nas aulas”, que cada curso escolar chega ao alumnado de Primaria e Secundaria dos centros educativos do municipio.

Hoxe mércores tivo lugar unha nova proxección no Teatro Municipal dunha película á que asistiu alumnado de 4º de ESO dos IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio, Colexio Maristas Santa María e Seminario Menor San Paio. Esta foi a segunda proxección deste curso.

O Concello de Tui lembra o aniversario de Francisco Sánchez presentando a tradución dun novo libro do médico e filósofo tudense

Undefined

O Concello de Tui, a través da concellería de Cultura, presentará este xoves, ás 20 h na Sala Municipal de Exposicións, á tradución ao galego do libro do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez. A obra titulada “Carmen de Cometa” foi traducida e editada por Laureano Alonso. Con este acto o Concello de Tui conmemora o CDI aniversario do falecemento de Francisco Sánchez, o 16 de novembro de 1623 na localidade francesa de Tolosa.  O acto contará coa presenza de Laureano Alonso, tradutor da obra, e de Rafael Sánchez Bargiela, historiador.

Este sábado, tras unha excelente acollida, clausúrase a mostra “A exposición secuestrada. Estampa Popular Galega. Tui 1968”

Undefined

A “A exposición secuestrada. Estampa Popular Galega, Tui-1968” inaugurada o pasado 27 de setembro na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui chega a súa clausura, este sábado 16 de novembro, logo dunha excelente acollida tanto por parte do público como polos medios de comunicación.

300 alumnos e alumnas de Primaria asistiron hoxe á representación de “Wombo Combo”

Undefined

Preto 300 alumnos e alumnas dos centros educativos de Tui asistiron hoxe no Teatro Municipal de Tui á representación de “Wombo Combo” da man de Galeatro. Esta obra teatral chega a Tui dentro do programa + Escénicas da Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello de Tui.

Elefante Elegante presenta este venres no Teatro Municipal “Kyoki”

Undefined

Kyoki” é o título do espectáculo que este venres, 8 de novembro, ás 19 h presenta Elefante Elegante dentro da programación de outono. Baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro, coa interpretación de María Torres e a manipulación de obxectos de Mario Rodríguez, aborda cunha mirada cómplice, reflexiva e sensible o esquecemento, a vellez e a soidade. O título do espectáculo Kyoki significa “demencia” en xaponés.

Emotivo, divertido e sorprendente. Así é “Terceiro acto” a obra teatral que mañá xoves, 31 de outubro, ás 21 h presenta o Centro Dramático Galego, CDG, no Teatro Municipal de Tui. Esta mañá comezou xa a montaxe da escenografía e a iluminación no escena

Undefined

Emotivo, divertido e sorprendente. Así é “Terceiro acto” a obra teatral que mañá xoves, 31 de outubro, ás 21 h presenta o Centro Dramático Galego, CDG,  no Teatro Municipal de Tui.

Esta mañá comezou xa a montaxe da escenografía e a iluminación no escenario do teatro tudense onde o público poderá gozar con posta en escena de Belén Constenla, César Goldi, Fernando Morán, María Costas e César Cambeiro baixo a dirección de Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, autoras tamén da dramaturxia.

Presentación de “Terceiro Acto” obra que o CDG presenta este xoves no Teatro Municipal de Tui

Undefined

Mañá mércores, 30 de outubro, ás 11 h terá lugar no Teatro Municipal de Tui a presentación da obra “Terceiro acto” que este xoves ás 21 h representa neste espazo o Centro Dramático Galego.  
O director do CDG, Fran Núñez, e a concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade, Sonsoles Vicente, visitarán mañá o comezo da montaxe da escenografía e iluminación do espectáculo. A continuación comparecerán ante os medios de comunicación.  
 

Páginas

Suscribirse a RSS - Cultura