Esta fin de semana celébrase en Tui a V Mostra da Camelia Cidade de Tui organizada por ATUCA
Mañá sábado, 18 de xaneiro, ás 12.30 h terá lugar no Teatro Municipal de Tui o acto inaugural da V Mostra da Camelia Cidade de Tui.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Mañá sábado, 18 de xaneiro, ás 12.30 h terá lugar no Teatro Municipal de Tui o acto inaugural da V Mostra da Camelia Cidade de Tui.
A partir do 1 de febreiro o Concello de Tui procederá a realizar un cambio no sentido de circulación das rúas na zona de San Bartolomeu. Deste xeito as rúas Palláns, San Bartolomeu e Arraial pasarán a ter sentido único. O obxectivo é axilizar o tráfico e mellorar a seguridade vial na zona.
A realización dunha alfombra de flores cun mesmo deseño a nivel mundial o 24-25 de xullo de 2021 é o proxecto no que traballa a Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago. Ao mesmo téñense sumado xa 138 cidades, entre elas Tui. Ser embaixadores deste proxecto é o obxectivo do convenio asinado este mediodía na casa do concello de Tui entre do presidente da comisión xestora de entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, Miguel García Correa, e do vicepresidente executivo da Orde do Camiño de Santiago, Alejandro Rubín Carballo.
Mañá xoves, 16 de xaneiro, ás 13 h no salón de sesións da casa do concello de Tui terá lugar a sinatura do convenio de colaboración entre a Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago e a Orde do Camiño de Santiago. Ambas entidades elixiron Tui para asinar este convenio por ser a cidade a Porta de Entrada do Camiño Portugués a Galicia.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui recoñecerá mañá sábado, 11 de xaneiro, coincidindo coa Día dos Usuarios das Bibliotecas Públicas, aos seus usuarios máis lectores de 2019 nas categorías de infantil, xuvenil e adultos.
O acto está previsto ás 12.30 h nas instalacións da biblioteca tudense e contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
O 53% da incidencias comunicadas a través da APP do Concello de Tui dende o apartado de incidencias están xa solucionadas e o 38% están en proceso de solución. Dende a activación deste servizo na aplicación móbil, a comezos do pasado mes de novembro, rexistráronse 158 incidencias das que 85 están solucionadas e 61 en proceso de solución. O tempo medio de resolución está situado en 5 días. Houbo amais 12 incidencias comunicadas con temas que non eran de competencia municipal.
A maxia e a ilusión encherán este domingo, 5 de xaneiro, a Eurocidade Tui-Valença, cunha nova edición da Cabalgata Internacional de Reis. Trátase dun evento único con carácter transfronterizo que dende hai dez anos percorre os dous municipios. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán en tren á estación de Valença ás 16 hora galega.
Así o explicaron hoxe o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Ensino e Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, e o vereador de Cultura de Valença, José Monte, en rolda de prensa.
Mañá venres, 3 de xaneiro, ás 11 h na casa do concello de Tui terá lugar a presentación da Cabalgata Internacional de Reis que terá lugar este domingo na Eurocidade Tui-Valença.
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, e dos responsables de Cultura dos dous municipios Sonsoles Vicente e José Monte.
Catro agrupacións tudenses serán as encargadas do Concerto de Fin de Ano que o próximo venres, 27 de decembro, ás 21 h se vai celebrar no Teatro Municipal de Tui. A música chegará da man da Banda de Música Popular de Tui e das corais do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo que ofrecerán un repertorio no que primarán as panxoliñas e as composicións da familia Strauss.
Mañá venres, 19 de decembro, ás 11 h na sala de reunións da casa do concello de Tui presentarase o concerto de Fin de Ano que terá lugar o próximo venres, 27 de decembro.