Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

O Concello de Tui agradece o envío de material por parte das administracións e as doazóns de particulares

Undefined

O Concello de Tui está a recibir material de protección tanto das distintas administración coma de persoas voluntarias e empresas que logo distribúe entre os propios servizos municipais, centro de saúde, residencias de maiores, farmacias, supermercados da localidade. 

Así por unha parte esta semana o Concello recibiu 350 unidades de mascarillas cirúrxicas, 6 botes de 500 me de xel hidroalcohólico, 1 garrafa de 5 litros de deseinfectante clorado, 12 traxes antisalpicaduras e 60 batas protectoras enviadas pola Xunta de Galicia. 

As autoridades sanitarias confirman ao Concello de Tui a existencia no municipio de catro casos de contaxio por Coronavirus

Undefined

As autoridades sanitarias veñen de confirmar ao concello de Tui que catro persoas veciñas do municipio deron positivo no test do Coronavirus. Estas catro persoas están illadas nos seus domicilios onde se adoptaron as pertinentes medidas de seguridade. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quere transmitir unha mensaxe de tranquilidade á poboación e informar que o Concello ponse a disposición das autoridades sanitarias para tomar as medidas oportunas.

Doados 3.500 pares de luvas de nitrilo para efectivos da Policía Nacional, Protección Civil, Policía Local e Emerxencias do Concello de Tuicía Nacional, Protección Civil, Policía Local e Emerxencias do Concello de Tui

Undefined

O Concello de Tui, a Policía Nacional, e os Servizos de Emerxencias recibiron este mediodía unha doazón de 3.500  luvas de nitrilo realizada polo futbolista J. Peleteiro do Aston Villa e do seu colaborador, o tudense Miguel Hermida. Mercaron todo o stock de luvas tiña a empresa local Recambios Rager para doar este material aos forzos e corpos de seguridade do Estado presentes en Tui así coma ao Concello de Tui que os empregará tanto na Policía Local, Protección Civil, e outro persoal municipal. 

O Concello de Tui baralla o aprazamento das Festas de San Telmo se non cambia o actual escenario de prevención ante o Coronavirus

Undefined

O Concello de Tui baralla o aprazamento das Festas de San Telmo que se celebrarían do 11 ao 20 de abril.  Esta é unha das medidas que están sobre a mesa e das que informou hoxe o alcalde, Enrique Cabaleiro, acompañado polos representantes de todos os grupos municipais da corporación.

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, cargado de proxectos e iniciativas para este 2020

Undefined

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño presentou hoxe xoves en Tui a súa folla de ruta para os vindeiros cinco anos. Un plan estratéxico que conta co respaldo de Turismo da Xunta de Galicia e que busca impulsar de maneira conxunta “a competitividade do sector turístico dos 14 concellos que o conforman, situándoo como o instrumento de referencia na planificación turística do territorio e coa finalidade última de desenvolver produtos turísticos de calidade baseados nos nosos recursos, identidade e tradición”.

O alcalde e os voceiros municipais comparecerán mañá en rolda de prensa para explicar as medidas preventivas ante o coronavirus

Undefined

Mañá venres, 13 de marzo, ás 12 h na casa do concello comparecerán en rolda de prensa o alcalde, Enrique Cabaleiro, e os voceiros de todos os grupos políticos da corporación, José Ángel Fernández do PP, Juan Miguel Diz Guedes de Ciudadanos, Carmen Núñez do BNG, Laureano Alonso de En Marea, e José Manuel Palacín de C21.

O obxectivo é explicar e ampliar a información sobre as medidas adoptadas para previr o contaxio por coronavirus.

Páginas

Suscribirse a RSS - Alcaldía