A nova APP do Concello de Tui mellora a comunicación coa veciñanza
O Concello de Tui presentou esta mañá a nova APP Municipal coa que cumpre dous obxectivos: achegar unha ferramenta de información da actualidade municipal á veciñanza e ao tempo pór ao seu dispor un mecanismo para, de xeito doado, trasladar suxestións, incidencias… Así o destacaba este mediodía o alcalde, Enrique Cabaleiro, que presentou a nova APP xunto ao concelleiro de Novas Tecnoloxías Laureano Alonso.
A APP Concello de Tui está xa dispoñible, tanto para móbiles IOS como Android, de forma gratuíta.