Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Tui pon en marcha un programa integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade

Undefined

O Concello de Tui vén de pór en marcha un Programa Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade denominado “Muller Tui”.

A súa presentación tivo lugar esta mañá na casa do concello por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Díz, xunto á traballadora social e as dúas técnicas do programa.  Asistiron membros da corporación municipal xunto a axentes sociais e representantes de distintas asociacións.

Publicada a Listaxe 0 de solicitudes denegadas por non cumplir os requisitos establecidos nas Bases reguladoras do Programa “Reactiva Tui”

Undefined

Vense de publicar na web municipal a aprovación provisional da listaxe 0 de solicitudes denegadas por non cumplir os requisitos establecidos nas Bases reguladoras do Programa municipal de axudas extraordinarias de emerxencia “Reactiva Tui”, dirixidas ao mantemento do tecido empresarial, aprobadas polo Pleno da Corporación en sesión de data 28 de maio de 2020 e publicadas no BOPPO núm 109 de 09 de xuño de 2020.

Pleno ordinario da corporación municipal correspondente ao mes de xullo

Undefined

A corporación municipal de Tui celebra o xoves, 30 de xullo, ás 20 h, a porta pechada para o público sesión plenaria de carácter ordinario correspondente ao mes de xullo. 

A sesión poderá seguirse en directo a través da Radio Municpial de Tui. A orde do día é a seguinte:

A) Parte resolutiva: 
1º.- Aprobación, se procede, de borradores das actas de sesións anteriores nº 4 de 28/05/2020 e nº 5 de 15/06/2020. 

O Consorcio do Louro realiza un chamamento ao consumo responsable da auga en Tui

Undefined

Dende o Consorcio de Augas do Louro realízase un chamamento a realizar un consumo responsable da auga en Tui. Expoñen que as elevadas temperaturas das últimas semanas dispararon o consumo de auga en Tui, rexistrando valores moi elevados de ata 110 litros por segundo nas horas punta, que poderían por en risco o abastecimiento á poboación si se rexistrase algunha avaría nas conduccións.

O patrimonio das parroquias tudenses centra a exposición “Pérdete polo rural”

Undefined

Unha maqueta cos petróglifos máis representativos do Baixo Miño, e un mapa visual onde se plasman máis de 70 elementos do patrimonio situado nas parroquias tudenses son dous dos elementos que forma para da exposición “Pérdete polo rural” que dende hoxe se pode visitar na Oficina Municipal de Turismo, na praza de San Fernando en Tui.  Permanecerá aberta até mediados de agosto.

Este mediodía o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Cultura, Laureano Alonso, participaron na apertura da mostra canda aos promotores da mesma Telmo Alfaya e Antonio Lago.

Once traballadores incorporáronse este mes ao Concello de Tui para a realización de tarefas de desbroce

Undefined

Once traballadores incorpóraronse ao longo deste mes á plantilla do Concello de Tui. Teñen coma cometido fundamental a realización de labores de desbroce ao longo de todo o termo municipal. En concreto estes contratos están subvencións pola Xunta de Galicia a través de varios programas, entre eles o APROL Rural. A duración do contrato será de 9 meses.

Tui presenta unha programación “segura” e comprometida coa cultura este verán

Undefined

“Volvemos á rúa!” é o lema da programación cultural que este verán se vai desenvolver en Tui. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, foron esta mañá os responsables da presentación desta oferta cultural que se vai desenvolver dende  o mércores 15 de xullo.

Páginas

Suscribirse a RSS - Alcaldía