Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Pleno extraordinario para o sorteo dos membros das mesas electorais do 12X

Undefined

A corporación municipal de Tui celebra hoxe luns, 15 de xuño, ás 9 h, sesión plenaria de carácter extraordinario, a nº5/2020, coa seguinte orde do día: 

ORDE DO DÍA

A) Parte resolutiva:

1º.- Toma de razón de escrito de renuncia do concelleiro Juan Miguel Diz Guedes (RE2020-E-RC-3151) do 01/06/2020, e que se remita á Xunta Electoral Central para a remisión da credencial do correspondente concelleiro electo de lista que corresponda ( Maria del Pilar Besada Barahona).

O luns abre o prazo de presentación de solicitudes do programa Reactiva Tui

Undefined

O luns, 15 de xuño, abre o prazo de presentación de solicitudes para as axudas extraordinarias de emerxencia Reactiva Tui.  O martes, 9 de xuño, publicáronse no BOPPO as bases destas axudas, tras ser aprobadas en pleno o pasado 28 de maio, e onte venres publicouse o extracto das mesmas, o que da inicio ao prazo de presentación de solicitudes dende o luns e durante un período de 15 días.

O Concello de Tui e Zona Franca márcanse coma obxectivo a ampliación do Parque Empresarial de Areas

Undefined

O Concello de Tui e a Zona Franca de Vigo van estudar a ampliación do Parque Empresarial de Areas. Así o acordaron esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, o delegado da Zona Franca, David Regades. Na casa do concello mantiveron unha reunión á que tamén asistiron os concelleiro Ana Mª Núñez, Sonsoles Vicente, Yolanda Rodríguez, Ismael Diz, Laureano Alonso, José Ramón Magán e Rafael Estévez, e técnicos de Zona de Franca.

As piscinas públicas non abrirán as súas portas este verán para garantir a seguridade fronte á COVID 19

Undefined

Os concellos de Tui, Arbo, As Neves, Crecente, Mondariz, O Porriño, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño veñen de emitir un comunicado conxunto anunciando a non apertura das instalacións das piscinas municipais este verán como medida ante a pandemia da COVID 19.

Asinado o convenio entre o Concello de Tui e Cáritas para a recollida de roupa usada

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, formalizaron onte – coa sinatura do convenio - o acordo con Cáritas Diocesana Tui-Vigo para que sexa está entidade a que realice a recollida de roupa, calzado e complementos usados no municipio. O secretario xeral de Cáritas Tui-Vigo, Jose Antonio García, rubricou o convenio coa administración municipal.

Executadas obras de mellora da accesibilidade en doce pasos de peóns nas rúas novas

Undefined

Nas últimas semanas acometéronse obras de mellora da accesibilidade en distintas rúas do centro urbano tudense.  En concreto actuouse sobre 12 pasos de peóns situados na rúas Casal Aboy, Lugo, Compostela, Ourense e Maristas

Nas beirarrúas para indicar a proximidade dun paso de peón colocouse un pavimento especial con losetas de cor vermello e con releve, tanto direccional coma con botóns, para facilitar a mobilidade das persoas con discapacidade visual.  Amais rematáronse en rampla para facilitar así o tránsito con cadeira de rodas, carriños de bebés, carros da compra ou outros.

Comparecencia do alcalde de Tui e do presidente da Cámara de Valença o venres

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara de Valença, Manuel Lópes, comparecerán este venres, 29 de maio, ás 11 hora española, no medio da vella Ponte Internacional. 

Nesta comparecencia os mandatarios da Eurocidade farán pública a súa posición dando a coñecer as razóns polas que van reclamar a apertura da fronteira de xeito inmediato para os habitantes da Eurocidade Valença-Tui.
 

Páginas

Suscribirse a RSS - Alcaldía