Tui establece medidas e recomendacións no cemiterio municipal ante a celebración de Todos os Santos
Co obxectivo de garantir a seguridade das persoas e previr e conter a covid 19 ante situación de pandemia que estamos vivir o Concello de Tui establece unha serie de limitacións e recomendacións ante a celebración da festividade de Todos os Santos. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, emitiu esta mañá un bando onde explica que ante a celebración da festividade de Todos os Santos na que produce unha asistencia masiva de persoas ao Cemiterio Municipal se establecen diversas medidas e recomendacións.