Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Cooperación e aprendizaxe en Italia

Undefined

Ollar cara a Europa para seguir aprendendo doutros territorios rurais. Ese era o obxectivo da visita de estudo realizada por unha delegación de EuRural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño a Italia, tres xornadas nas que coñecer a fondo o traballo do Gruppo de Azione Locale del Ducato (GAL del Ducato) para achegarse a boas prácticas, recoller novas experiencias e inspirarse para seguir crecendo e innovando no rural.

Presentación do torneo de fútbol 11 “Galician Rising Stars Cup”

Undefined

Mañá mércores, 5 de xuño, ás 12.00 horas, no Campo Municipal de Fútbol “Álvarez Durán” de Tui, terá lugar a presentación oficial do “Galician Rising Stars Cup”, torneo de fútbol 11 organizado polo Club Rising Star, coa colaboración do Concello de Tui e o Tyde F.C.. O Galician Rising Stars Cup celebrarase esta fin de semana reunindo a máis de 700 futbolistas das categorías cadete e infantil, tanto de Galicia como de Portugal.

Aberta a ponte sobre regato Fonte do Febreiro en Paramos tras rematar as obras de reconstrución

Undefined

Dende hai uns días está xa operativa a ponte sobre o regato Fonte do Febreiro, en Paramos. En abril comezaron as obras de reconstrución desta infraestrutura que que se vira afectada polas intensas choivas de xaneiro de 2023, obrigando daquela a cortar o tráfico rodado.  

Tui acolle o martes a XLIV reunión da Comisión Permanente Internacional do río Miño

Undefined

A Casa do Concello de Tui acollerá o vindeiro martes, 28 de maio, a partir das 10.00 h a XLIV reunión da Comisión Permanente Internacional do Río Miño, CPIRM, á que asistiran a delegación española e portuguesa presididas respectivamente por cadanseu embaixador e que reúnen a representantes das diversas entidades de ambos países con competencias na xestión do tramo internacional do río Miño.

Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño visitan Italia para coñecer novas experiencias de desenvolvemento

Undefined

Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño exploran novas experiencias e aprenden doutros territorio para seguir crecendo e innovando no rural. Unha delegación composta por alcaldesas, alcaldes, edís e persoal técnico percorre estes días a rexión de Emilia-Romaña, en Italia, para coñecer de primeira man experiencias de desenvolvemento económico, turístico e social nunha zona vitivinícola de gran parecido con Galicia. Unha viaxe de estudo que permitirá recoller ideas e achegarse a prácticas exitosas que poidan ser implementadas no territorio para potenciar o desenvolvemento rural.

Até o 10 de xuño pódense presentar as solicitudes para a realización das fogueiras de San Xoán

Undefined

Ante a celebración no mes de xuño da tradicional festividade de San Xoán e a previsión de realización de cacharelas as persoas interesadas deben presentar no Concello de Tui a correspondente solicitude de autorización da fogueiras.

Para iso deben presentar o impreso de solicitude, dispoñible en tui.gal, xunto coa documentación requirida, entre a que figura plano de situación e memoria descritiva, por rexistro xeral ou na sede electrónica até ás 13.30 h do 10 de xuño, tal e coma se informa nun bando da alcaldía.

Comezan as obras de construción da ponte sobre o río Cotarel cun investimento de 192.500 €

Undefined

Esta mañá comezaron as obras de construción da ponte sobre o río Cotarel que une as parroquias de Randufe e Pazos de Reis. Estes tramo da estrada vírase afectada polas intensas choivas de xaneiro de 2023, obrigando a cortar o tráfico rodado.  Dende hoxe, debido ao comezo das obras, tamén se corta o tránsito peonil.

Esta ponte, sobre o río Cotarel, está situada en plena senda dos Muíños do Tripes, polo que as persoas que camiñen pola senda, neste punto e mentres permanezan as obras, terán que realizar un desvío por un percorrido alternativo duns 700m.

A Eurocidade Tui-Valença será sede do I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección Civil

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença e o SinFAP, Sindicato Portugués de Axentes Forestais e de Protección Civil, organizarán os días 27 e 28 de maio, o “I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección Civil”. No mesmo tratarase a importancia da cooperación entre Portugal e España na conservación da natureza e a prevención de incendios, e o enfoque integrado para tratar estas cuestións.

Páginas

Suscribirse a RSS - Alcaldía