Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Mañá preséntase o Concurso Nacional de Saltos que se celebrará en Tui esta fin de semana

Undefined

Mañá mércores 18, ás 11.30 horas, nas instalacións do Club Hípico Equigalia, realizarase a presentación do Concurso Nacional de Saltos, campionato que se celebrará esta próxima fin de semana, organizado polo Club Hípico Equigalia, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Hípica Galega.

A Eurocidade Tui-Valença súmase á Semana Europea da Mobilidade

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença presentará mañá mércores, ás 18 h ES na antiga alfándega de Valença o estudo “Mobilidade Urbana Sustentable Tranfronteiriza da Eurocidade Tui-Valença”.

Esta é a primeira das actividades coa que Tui e Valença se suman á Semana Europea da Mobilidade promovida pola Comisión Europea e que se celebra até este domingo.

O Concello de Tui adquire novo material para cursos de RCP e manexo dos desfibriladores

Undefined

O Concello de Tui vén de adquirir novo material, un manequín pediátrico e un chaleco de adestramento da manobra de Heimlich, que xunto ao manequín adulto e o simulador de desfibrilador (DESA) xa dispoñible dende antes da pandemia, servirán para a realización de novos obradoiros básicos de reanimación cardiopulmonar e manexo dos DESA.

Así, os voluntarios de Protección Civil de Tui, xunto ao persoal da Policía Local de Tui e o médico tudense, Rosendo Bugarín, retomarán estas formacións para asociacións deportivas tudenses e a comunidade educativa de Tui.

O Consorcio de Augas do Louro consigue 4,7 millóns de euros para mellorar a eficiencia do ciclo urbano da auga

Undefined

O Consorcio de Augas do Louro, do que forman parte os Concellos de Tui,  O Porriño, Mos, e Salceda de Caselas, dá un impulso definitivo á modernización e dixitalización das súas infraestruturas. O presidente do Consorcio, Alejandro Lorenzo, informou hoxe de que o proxecto presentado pola entidade supramunicipal recibirá 4.719.912,04  euros ao abeiro do PERTE para a dixitalización e modernización do ciclo da auga dos fondos europeos Next Generation UE, de acordo coa resolución provisional publicada polo MITECO.

Unha ducia de actividades enchen o “Setembro Xudeu” en Tui con visitas guiadas, conferencias, exposicións, música e ruta de tapas

Undefined

O mes de setembro en Tui estará centrado nas actividades programadas para a posta en valor do patrimonio que atesoura esta localidade en relación coa presenza de comunidades xudías e criptoxudías ao longo dos séculos nesta histórica cidade.

A celebración, en 35 países de toda Europa, na primeira fin de semana de setembro das Xornadas Europeas da Cultura Xudía - que Tui celebra dende o ano 2006 - é a oportunidade para un amplo programa de actividades que percorren todo o mes.

O concello de Tui solicita a declaración de catro “lugares de memoria democrática”

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, asinará mañá martes, ao abeiro do establecido na Lei 20/2022, do 19 de outubro, de Memoria Democrática, a solicitude de declaración de catro enclaves da nosa cidade como “Lugares de memoria democrática” co obxectivo, en palabras do propio rexedor Enrique Cabaleiro, de preservar a memoria das vítimas da Guerra Civil e posterior represión pola ditadura franquista, tamén como testemuño de recoñecemento e co obxectivo de erradicar calquera forma de violencia política ou totalitarismo.

Tui acolle o Campionato de España de Radiocontrol Térmico

Undefined

Esta fin de semana Tui acollerá a derradeira proba do Campionato de España de Radiocontrol Térmico, na que se decidirá o título nacional. Máis de 12 pilotos teñen formalizado xa a inscrición nas catro categorías establecidas.  O sábado, no circuito con forma de M de 100 x 50 metros fronte á gradas da rúa Olímpicos Tudenses, disputaranse as dúas primeiras mangas, ás 12 h e ás 16.30 h, e o domingo terá lugar terceira manga e a entrega de premios.  A presentación desta competición tivo lugar esta mañá.

600 deportistas participarán este sábado no Descenso Internacional do Miño

Undefined

Preto de 600 padeeiros e padeeiras participaran este sábado no 53ª Descenso Internacional que sairá ás 17 h dende Salvaterra para iniciar un percorrido de 14 quilómetros até chegar – en pouco máis dunha hora - á liña de meta que estará situada fronte ás gradas da rúa Olímpicos Tudenses, en Tui. A proba, que será Campionato de España de Ríos, presentará un gran nivel deportivo con 400 embarcacións pertencentes a 73 clubs.

Mañá mércores ás 12 h presentarase o Descenso Internacional do río Miño

Undefined

Mañá mércores, 21 de agosto, ás 12 h, na rúa Olímpicos Tudenses xunto ao Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez terá lugar a presentación do 53º Descenso Internacional do río Miño que se vai celebrar este sábado, 24 de agosto, entre Salvaterra e Tui. Este ano será Campionato de España de Ríos.

Páginas

Suscribirse a RSS - Alcaldía