Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Recoñecemento do Concello de Tui a Xabier Añoveros Trías de Bes

Undefined

Xabier Añoveros Trías de Bes recibiu este mediodía de mans do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da tenente alcalde, Ana Núñez, a “Mención Honorífica Especial” do Concello de Tui.  Con este recoñecemento a institución municipal quixo recoñecer a súa estreita relación coa nosa cidade dende hai décadas, e á que ten dedicado un amplo conxunto de traballos de investigación.  O acto celebrado na casa do concello contou coa presenza de membros da corporación municipal, de autoridades civís e militares, de familiares e amigos do homenaxeado que encheron o salón de plenos.

O Concello de Tui entregará a Xabier Añoveros Trías de Bes unha “Mención Honorífica Especial”

Undefined

O Concello de Tui entregará mañá, martes 6 de agosto, ás 12.30 h no salón de plenos da Casa do Concello unha “Mención Honorífica Especial” a Xabier Añoveros Trías de Bes en recoñecemento a súa estreita relación coa nosa cidade dende hai décadas á que ten dedicado un amplo conxunto de traballos de investigación.  

Comeza en Tui a implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz

Undefined

Nas próximas semanas comezará en Tui o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá gozar de conexións móbiles de alta velocidade con mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, anunciaron o inicio deste proceso no municipio.

Tui sede do Campionato de España e Copa Ibérica de embarcacións T-850 e GT 6 e G6

Undefined

O río Miño ao seu paso por Tui será o escenario este sábado, 27 de xullo, do Campionato de España e Copa Ibérica de embarcacións T-850 e GT6. A proba está organizada pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui, coa Real Federación Española de Motonáutica, coa Comandancia Naval do Miño, e Protección Civil de Tui e Tomiño  

Presentación dunha cadeira anfibia polo Club Náutico Inclusivo do Baixo Miño

Undefined

Mañá mércores, ás 12.30 horas, no aparcadoiro dos centros municipais de piragüismo e remo de Tui, na rúa Olímpicos Tudenses, terá lugar a presentación dunha cadeira anfibia adquirida polo Club Náutico Inclusivo do Baixo Miño.

No acto participarán o alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de servizos sociais de Tui, Ismael Diz, a concelleira de igualdade, Ana Mª Núñez, o secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, e a directora da oficina de CaixaBank de Tomiño.

Excelente acollida no primeiro día do Mercado Municipal de San Antonio

Undefined

Excelente acollida no primeiro día de apertura de portas do novo Mercado Municipal de Tui, denominado "Mercado de San Antonio". Xa dende primeira hora, tras a apertura dos postos ás 8h, numerosas persoas se achegaron a facer as compras de peixe, carne, ou flores á praza de abastos tudense. Moitas outras quixeron tamén esta mañá coñecer as novas instalacións tras a reforma integral do edificio realizada polo Concello de Tui. 

O Concurso de Debuxo Infantil do Consorcio de Augas do Louro xa ten gañadores e finalistas

Undefined

Eduardo Ríos González do Colexio Maristas Santa María en Tui, Ana Méndez Saa do CEIP Atín Cela en Mos, Carmen Ledo Carrera do CEIP Antonio Palacios en O Porriño e Zoe Gil Oya do CEP Altamira de Salceda de Caselas  foron os catro gañadores do Concurso de Debuxo Infantil convocado polo Consorcio de Augas do Louro.

Páginas

Suscribirse a RSS - Alcaldía