O goberno municipal leva mañá xoves a pleno a derogación do imposto de plusvalía
O goberno municipal, presidido por Carlos Vázquez Padín, leva mañá xoves ao pleno ordinario a derogación do coñecido coma imposto de plusvalía. En concreto no punto segundo figura a Derogación da ordenanza fiscal do Imposto sobre o Incremento de valor dos Terreos de Natureza Urbana do Concello de Tui.