Mañá preséntase a Gala Homenaxe a Antón Corral
Mañá mércores, 24 de xaneiro, ás 11h na sala de reunións da casa do Concello será presentada a Gala Homenaxe a Antón Corral que se vai celebrar este venres, 26 de xaneiro, no Teatro Municipal de Tui.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Mañá mércores, 24 de xaneiro, ás 11h na sala de reunións da casa do Concello será presentada a Gala Homenaxe a Antón Corral que se vai celebrar este venres, 26 de xaneiro, no Teatro Municipal de Tui.
Do 1 ao 22 de febreiro a Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, acollerá a exposición «Auga, o sangue da terra» de Manuel Valcárcel. Esta mostra chegará a Tui grazas ao convenio de colaboración cultural asinado esta mañá polo o alcalde, Carlos Vázquez Padín; a directora de Oficina de ABANCA de Tui, Uxía Arranz Costas; e a Coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores. Asistiron tamén o concelleiro de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente, Eduardo Freiría, e a directora da outra Oficina da ABANCA de Tui, Mª Teba García.
O próximo luns, 22 de xaneiro, ás 9h na casa do concello de Tui terá lugar a sinatura dun convenio de colaboración cultural entre o Concello Tui, ABANCA, e Afundación mediante o que as tres entidades desenvolverán a exposición «Auga, o sangue da terra», obra do fotógrafo Manuel Valcárcel.
Tui será o punto de partida do proxecto de Peregrinaxe a Remo que esta tarde foi presentado na casa do concello polo alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, o promotor do proxecto Rodrigo Arbones, o deseñador de barcos en kit, Alec Jordan, xunto a representantes dos clubs de Remo de Tui, Bueu e Cangas.
A comezos do ano 2019 a apertura da rúa Ourense, en sentido sur, podería ser unha realidade. Este luns deuse un paso fundamental na tramitación deste ambicionado proxecto coma é o pago das expropiacións aos propietarios do inmobles afectados co levantamento das actas de pagamento e ocupación. En concreto o concello ten aboado 638.875,27€ aos tres propietarios dos inmobles afectados e aos dous arrendatarios de locais comerciais, que disporán agora de tres meses coma máximo para deixar as súas propiedades.
Mañá, mércores 17 de xaneiro de 2018, ás 17 horas terá lugar na sala de concelleiros da Casa do Concello de Tui a presentación do proxecto “Peregrinaxe Marítima a Remo”. Trátase dunha iniciativa co obxectivo de crear unha flota de barcos coas que realizar a viaxe a remo seguindo no posible o Camiño pola Costa, dende as Rías Baixas ata Padrón.
Estarán presentes Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui, e Andrés Urseira González, concelleiro de Turismo e Deportes do Concello de Tui, xunto a Alec Jordan, promotor do proxecto.
O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña -acompañado do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín- realizará mañá a presentación oficial aos medios de comunicación da edición número 50 da Feira do Cocido de Lalín, que terá o seu día grande o vindeiro 4 de febreiro.
O goberno municipal de Tui considera a rehabilitación do conxunto histórico unha prioridade transcendental, que debe ser abordada sen demora. Como medida inmediata xa posta en marcha desde a primeira semana deste ano 2018, destaca a ampliación do horario de atención da Oficina da Área de Rehabilitación Integral, ARI, cuxa técnica ampliará os días de atención, pasando de atender so os xoves, a facelo tamén os martes, ambos de 9 a 14h.
O goberno municipal de Tui realizará entre os meses de xaneiro e febreiro asembleas en todas as parroquias do concello, para facer a presentación pública de todos os membros do goberno, informar dos puntos de vista do novo goberno a respecto do traballo que queren levar a cabo no rural do noso municipio e presentar ao enlace do goberno coa parroquia, que servirá para canalizar as peticións que os cidadáns queiran facer ao concello.
A corporación municipal de Tui celebra este xoves o derradeiro pleno do ano. Será ás 20h no salón de sesións da casa do concello con 11 puntos na orde do día.
a).- Parte resolutiva:
1º.- Aprobación, se procede, de borradores das actas das sesións anteriores ordinaria nº 12/2017, de 30 de novembro, e extraordinaria nº 13/2017, de 12 de decembro.