O mércores 28 procederase ao desaloxo do material da pirotecnia de Baldráns
O mércores 28 de novembro, ás 9h, procederase ao desaloxo do material existente na pirotecnia de Baldráns, logo de que no auto do Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de Pontevedra recibido no Concello se dea un prazo improrrogable dun mes para proceder á execución total e completa da sentenza, mediante o desaloxo e baleirado das instalacións, e a súa posterior demolición.