Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

A Eurocidade Tui – Valença conta dende hoxe cun Bosque Autóctono da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal

Undefined

Onte mércores, 23 de novembro, coincidindo coa celebración do “Día do bosque ibérico”, tivo lugar na Eurocidade Tui – Valença un acto institucional conmemorativo desta efeméride coa plantación dun área con arbores autóctonos na ribeira do Miño, tanto en Valença como en Tui.

Máis de 37 000 visitantes a Expogalaecia 2011 na que particiba a Eurocidade Tui-Valença

Undefined

O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença valoran moi positivamente a súa participación conxunta na feira “ExpoGalaecia 2011 Salón de Turismo, Gastronomía y Artesanía de Galicia y Norte de Portugal” celebrada no recinto feiral de Vigo dende o pasado sábado 29 de outubro a onte martes 1 de novembro.

O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença participan na Feira Expogalaecia 2011 cun stand sobre a Eurocidade

Undefined

O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença participarán dende este sábado, 29 de outubro, ata o martes, 1 de novembro, en “ExpoGalaecia 2011 Salón de Turismo, Gastronomía y Artesanía de Galicia y Norte de Portugal” cun amplo programa de actividades nun stand institucional que leva o nome de “Eurocidade Tui – Valença”.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Eurocidade