Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

A Eurocidade Tui – Valença presentou esta tarde a súa oferta turística na bolsa de turismo de Lisboa

Undefined

O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez,, xunto ao Presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, e o Presidente da Entidade Rexional de Turismo Porto – Norte de Portugal, acompañados dos concelleiros de turismo de ambas cidades, Raquel Lorenzo e Jose Monte respectivamente presentaron estar tarde na BTL – Feira de Turismo de Lisboa a oferta turística da Eurocidade Tui-Valença.

A Eurocidade Tui – Valenca presenta a súa oferta turística na Bolsa de Turismo de Lisboa este venres 2 de Marzo

Undefined

O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença, en coordinación coa Entidade Rexional de Turismo do Porto e Norte de Portugal, van presentar a oferta turística da Eurocidade Tui-Valença na próxima edición da Bolsa de Turismo de Lisboa, a decorrer de 29 de Febreiro a 4 de Marzo.

Tui e Valença xa son Eurocidade

Undefined

Tui e Valença son xa unha Eurocidade. De agora en diante os dous municipios promoverán de xeito conxunto a converxencia económica, social e cultural, para que o efecto fronteira deixe de ser un inconvinte e pase a ser un elemento potenciador. Así se recolle nun dos artigos do convenio suscrito  polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, e o conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.  É un convenio con duración indefinida

 

Maña venres 10 de febreiro será asinado o Protocolo de Creación da Eurocidade

Undefined

A antiga Alfándega de Valença, inmediata á vella ponte internacional, acollerá mañá venres 10 de febreiro o acto oficial de sinatura do protocolo de creación da Eurocidade Tui – Valença / Valença-Tui nun acto ao que asistiran o Presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, o Alcalde do Concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, xunto ao Presidente  da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, Paulo Gomes e o Conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia en representación tamén da Comunidade de Traballo Galicia – Norte de Portugal, cuxa presidencia oste

O vindeiro venres, 10 de febreiro, será asinado o Protocolo de Creación da Eurocidade

Undefined

O vindeiro venres, 10 de febreiro, será asinado oficialmente o protocolo de creación da Eurocidade Tui – Valença / Valença-Tui nun acto institucional a celebrar na antiga Alfándega de Valença e no que asistiran o presidente da Cámara Municipal de Valença, o alcalde do Concello de Tui, un representante da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte e un representante da Xunta de Galicia en representación tamén da Comunidade de Traballo Galicia – Norte de Portugal, cuxa presidencia ostenta actualmente a nosa Comunidade Autónoma.

O Concello presentará en Fitur a oferta da Eurocidade Tui - Valença

Undefined

O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença estarán presentes o vindeiro venres 20 de xaneiro na Feira Internacional de Turismo “Fitur” que se desenvolverá en Madrid presentando a oferta turística de ambas cidades que teñen acordado constituírse nunha eurocidade para compartir servizos e promover iniciativas como esta de promoción turística.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Eurocidade