Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

O IV Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade terá lugar o domingo 26 de novembro

Undefined

Esta mañá na sala de concelleiros de Tui tivo lugar a presentación do IV Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade. Este evento celebrarase o domingo 26 de novembro, no pavillón municipal de Valença, e co mesmo pecharase o Calendario de Actividades Deportivas da Eurocidade 2017.

A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, do concelleiro de Deportes de Tui, Andrés Urseira, do vereador de Desporto de Valença, José Monte, así como do responsable do evento, Miguel Abreu.

Ligazóns de Interese

A continuación recóllense distintos enlace de interese de institucións vinculados á Eurocidade Tui-Valença, dende a propia Cámara de Valença até outras entidades e asociacións que realizan o seu traballo no ámbito transfronteirizo. 

Undefined

Este venres ás 11h preséntase o IV Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade

Undefined

Este venres, 17 de novembro, ás 11.00 horas, na sala de concelleiros de Tui, terá lugar a presentación do IV Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade. Este evento celebrarase o domingo 26 de novembro, no pavillón municipal de Valença, co mesmo pecharase o Calendario de Actividades Deportivas da Eurocidade 2017.

A presentación deste venres correrá a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, do concelleiro de Deportes de Tu, Andrés Urseira, do vereador de Desporto de Valença, José Monte, así como do responsable do evento, Miguel Abreu.

A Eurocidade Tui-Valença acolle a reunión da Federación de Academias de Gastronomía de los Caminos de Santiago

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença acolle esta fin de semana unha reunión da Federación de Academias de Gastronomía dos Camiños de Santiago. A primeira cita do programa previsto terá lugar ás 16h no Parador Nacional de Turismo San Telmo de Tui cunha reunión para admitir coma membro da Federación á Academia de Gastronomía Portuguesa do Camiño de Santiago. Con esta incorporación pasan a ser unha federación de carácter internacional, tendo amais solicitudes de academias francesas e italianas.

Vídeos Eurocidade

A continuación recóllense varios vídeos nos que se plasma a Eurocidade dende o seu punto de vista turístico, patrimonial, histórico... así coma as actividades deportivas realizadas de xeito conxunto. 

10 anos de Eurocidade

Tui e Valença, porta do Camiño Portugués a Santiago

Galego

Andainas polo Camiño Portugués pola Costa na Eurocidade

Undefined

Esta fin de semana dentro do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade realizaranse dúas andainas, unha o sábado e outra o domingo, polo “Camiño Portugués pola Costa”, no seu percorrido polos municipios de Tui e Valença.

A primeira andaina será este sábado, 30 de setembro, para percorrer á inversa a etapa do Porriño a Tui. A saída será ás 09.00 horas en autobus dende o Centro Interfederado de Tui ata a fronteira coa localidade de O Porriño, para percorrer o Camiño de Santiago ata as inmediacións da vella ponte internacional.

Convenio de Cooperación

O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença asinaron o 12 de febreiro do ano 2012 o convenio de cooperación para a creación da Eurocidade Tui-Valença, cuxa duración é indefinida. O acto oficial tivo coma escenarios a antiga alfándega de Valença e a vella Ponte Internacional que une os dous municipios.  Asinaron o convenio Moisés Rodríguez Pérez como alcalde de Tui e Jorge Salgueiro Mendes coma presidente da Cámara de Valen

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Eurocidade