Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

IV Torneo Eurocidade de Hoquei

O venres, 22 de setembro, e sábado, 23 de setembro, dentro do calendario de actividades deportivas da Eurocidade, o Valença Hoquei Club organiza en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença o IV Torneo Eurocidade de Hoquei. 

O venres 22 disputaranse as semifinais, ás 21.30 horas españolas o partido entre o Liceo e o AD Valongo, e ás 23.00 horas españolas o partido entre o Sporting CP e o Valença Hoquei Club.

O sábado 23 se disputará o encontro polo terceiro e cuarto posto, ás 17.00 horas españolas, sendo a final ás 18.30 horas.

Este venres e sábado celébrase o IV Torneo Eurocidade de Hoquei

Undefined

Este venres, 22 de setembro, e sábado, 23 de setembro, dentro do calendario de actividades deportivas da Eurocidade, o Valença Hoquei Club, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, organizará o IV Torneo Eurocidade de Hoquei. No mesmo van participar equipos de primeiro nivel, como o Sporting CP, o Club Liceo, o AD Valongo, así como o propio Valença H.C., que esta tempada competirá na primeira división nacional portuguesa.

Mañá comeza o IV Torneo de Tenis da Eurocidade con 200 inscritos

Undefined

. Mañá venres, 15 de setembro, ás 17h comeza o IV Torneo de Tenis da Eurocidade que se vai disputar ata o domingo, 1 de outubro,  nas pistas de tenis de Areas e nas da piscina municipal de Valença. Está organizado polo Club Tenis Tui coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença.

A presentación deste evento deportivo tivo lugar esta mañá na casa do concello a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, o concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, e o representante do Club Tenis Tui, Luís Saracho.

Preto dun centenar de persoas percorrerán este sábado o Camiño Portugués entre Caminha e Tui

Undefined

Reivindicar a importancia do Camiño Portugués pola Costa dende Caminha ata Tui é o obxectivo da andaina organizada para este sábado por Iacobus Tui en colaboración co Concello de Tui.  Preto dun centenar de persoas realizarán en dous grupos este percorrido histórico, un grupo completando os 34 quilómetros que separan Caminha e Tui e o outro grupo os 17 quilómetros entre Vila Nova de Cerveira e Valença.

Mañá xoves preséntase o Torneo de tenis da Eurocidade

Undefined

Mañá xoves, 14 de setembro, ás 11h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do IV Torneo de Tenis da Eurocidade que se vai celebrar do 15 de setembro ao 1 de outubro.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto ao concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, e o vereador de Desporto de Valença, José Monte, serán os responsables da presentación do torneo xunto a Pablo Garcia e Luís Saracho do Club Tenis Tui, organizadores do evento.

Abertas as inscricións para o IV Torneo de Tenis da Eurocidade ata o 6 de setembro

Undefined

Até o próximo mércores 6 de setembro permanecen abertas as inscricións para o “IV Torneo de Tenis da Eurocidade”, que organiza o Club Tenis Tui, coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença. Este evento deportivo disputarase nas pistas de tenis da piscina municipal de Valença e nas pistas de tenis de Areas, dende o 15 de setembro ata o 1 de outubro.

Este sábado celébrase a III Ruta Histórica de Tui dentro das Andainas da Eurocidade

Undefined

Este sábado 5 de agosto, a partir das 22.00 horas españolas, dende o palco da música de Tui, no paseo da Corredoira, terá lugar a saída dunha nova andaina do Circuito de Trilhos e Andainas Saudables da Eurocidade. Nesta ocasión co nome de III Ruta Histórica de Tui percorrerá as rúas de Tui, visitando a capela de San Telmo, a da Misericordia, a Catedral de Santa María, e as igrexas de San Francisco, San Bartolomé e San Domingos.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Eurocidade