Tui recibe a un grupo de corenta alumnos e profesores de dez países que participan nun curso Erasmus
Hoxe martes, 5 de maio, a Eurocidade Tui-Valença acolle a visita dun grupo de 37 alumnos e tres profesores, de dez nacionalidades distintas, que participan na iniciativa sobre “Creación de experiencias turísticas en áreas transfronterizas” que propón analizar unha transformación no modelo de desenvolvemento turístico do territorio.








