Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

O MUMI presenta as músicas que imos ver nos escenarios nos próximos meses

Undefined

A programación profesional do MUMI dará comezo hoxe venres ás 10:30 na ZONA PRO instalada no edificio da Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença. A xornada comezará cunha rolda de encontros rápidos ou speedmeetings que se sucederán durante toda a fin de semana e onde bandas e artistas terán a oportunidade de presentar as súas propostas musicais ante distintos grupos de responsables de programación de salas, festivais, concellos e outras entidades públicas e privadas que conforman o ecosistema musical a ambas beiras do Miño.

O MUMI arranca mañá cun espectáculo inédito creado para o encontro

Undefined

Tui e Valença prepáranse para acoller a partir de mañá xoves, a programación da 4ª edición do Encontro de Músicas Profesionais Galiza-Portugal MUMI 2023.  O único mercado de músicas que existe na Galiza neste momento naceu hai catro anos co obxectivo de reunir as mellores propostas musicais de ambos territorios para mostralas antes as principais entidades e empresas programadoras, pero tamén co propósito dalas a coñecer aos públicos galego e portugués que inexplicablemente viven de costas ás músicas que se fan no país veciño.

Conta atrás para o MUMI que comeza o próximo xoves 21 na Eurocidade Tui-Valença

Undefined

O MUMI chega á súa 4ª edición co obxectivo de seguir construíndo novas e mellores formas de traballar pola música en vivo. Con ese propósito, a feira presenta un bo feixe de novidades como a colaboración coa prestixiosa Fira Mediterrània de Manresa, que abre as nosas músicas ao mercado internacional; ou o Espazo Loja destinado á promoción dos traballos publicados polas editoras musicais.

MUMI, Encontro das Músicas de Galicia e Portugal

Do 21 ao 24 de setembro na Eurocidade Tui-Valença celebrarase a 4ª edición do MUMI.

Galiza presentará os directos de Antía Muíño, Mondra, Anxo Araújo, Diego Alonso 5tet, Habelas Hainas, Lontreira, Moura e Xurxo Fernándes; mentres Portugal achegará as propostas de Aníbal Zola, Expresso Transatlântico , María Monda, Maze, Retimbrar e Virgem Suta.

A saúde mental no sector musical será un dos temas a abordar nos faladoiros do MUMI

Undefined

Cinco faladoiros nos que se abordarán temas cruciais para a industria musical neste momento serán os que se celebren o venres 22 e o sábado 23 na Eurocidade Tui-Valença dentro do MUMI.  A zona profesional estará situada nas instalación da Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença.

O MUMI incorpora coma novidade un encontro de editoriais musicais galegas e portuguesas no Espazo Loja

Undefined

O vestíbulo do Teatro Municipal acollerá o sábado 23 de setembro, dentro da progamación do MUMI, unha nova actividade dirixida á promoción e venda física de producións editoriais e discográficas da industria galega e portuguesa. Será no apartado denominado como Espazo Loja, e concebido como un Encontro de Editoras Musicais. Contará cos catálogos da portuguesa Tradisom, e das galegas aCentral Folque e Através Editora.

Este sábado celébrase a Andaina Histórica de Tui

Undefined

Dentro do calendario de Andainas e Caminhadas Saudables da Eurocidade Tui-Valença este sábado celebrarase a Andaina Histórica de Tui. Da man do club AndaTui sairá ás 20.30 h dende a praza da Inmaculada para realizar un percorrido doado de 3 quilómetros, guiado polo historiador Suso Vila, percorrendo as antigas portas de entrada a cidade.  Rematará na Alameda de San Domingos para degustar unha chocolatada con rosca, e o bruxo Gabi realizará unha queimada. 

IKFEM 2023

Do 20 ao 25 de xullo celébrase na Eurocidade Tui-Valença o IKFEM 2023.

O festival brindará 12 concertos de entrada libre nos que destaca o  de apertura cun piano flotante no río, ou a celebración  dos 70 anos de carreira de António Victorino d’ Almeida, haberá  unha estrea mundial e participarán artistas residentes da Fundación Alqvimia Musicae con música e videocreación. Amais volverá a celebrarse o Balcón do IKFEM e coma novidade o venres 21 na vella Ponte Internacional terá lugar o IKFEM Creativa.

Sons na rúa

 "Sons na Rúa" encherá de música o Paseo da Corredoira  o venres 11 e o luns 14 de agosto. 

O venres 11 de agosto ás 21 h no Paseo da Corredoira estará en concerto KM Zero, e ás 22 h  Manuel Madarnás.

KmZero é un grupo tudense creado en Rebordáns e conformado por Karla Lima (voz) e Fran Gómez (guitarra). Ambos realizan versións de temas actuais pero tamén máis clásicos e recoñecidos, recurrindo ao pop. 

Catorce bandas de Galiza e Portugal presentarán os seus traballos no mercado musical do MUMI en setembro

Undefined

Despois dun duro proceso de selección motivado polo éxito de convocatoria que se pechou cun total de 244 propostas artísticas candidatadas para os showcases, o MUMI anuncia as bandas e artistas que van configurar o programa profesional da feira entre o 21 e o 24 de setembro. Oito nomes de Galiza e seis de Portugal amosarán ao público, profesional e tamén xeral, a diversidade de propostas musicais que conviven na escena actual.
 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Eurocidade