Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

Dúas potencias musicais, un mercado e infinitas oportunidades

Undefined

Tres días, vinte showcases, seis faladoiros, máis de 150 speedmeetings, un festival con bandas transfronteirizas, e máis de 200 profesionais, consolidan ao MUMI como marca cultural da Eurocidade tui-Valença, e como unha feira que ademais de abrir mercado con Portugal funciona tamén como punto de encontro para a industria musical galega.

O Festival Minho Tranfronteiriço pecha mañá o MUMI

Undefined

Despois de tres xornadas de encontros entre programadores, axencias e artistas, o mercado das Músicas no Minho prepara a programación prevista para pechar esta terceira edición, que se afianza na Eurocidade Tui-Valença, e que comeza a gañar músculo coa participación de máis de 200 axentes das institucións públicas e das empresas culturais de Galiza e Portugal, que por fin contan cun espazo de encontro onde poñer en común propostas, inquedanzas e necesidades.
  

Un brinde polo futuro das industrias musicais galega e portuguesa

Undefined

As tres xornadas do MUMI 2021 Encontro Profesional das Músicas no Minho arrancaron hoxe xoves 29 coa benvida aos profesionais inscritos por parte da organización e das entidades que apoian o MUMI, representadas por Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Jose Manuel Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença; Ana Laura Iglesias, Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra; Jacobo Sutil, director da Axencia das Industrias culturais (AGADIC); Uxío Benítez, director da AECT Rio Minho; Ánxe

Acto de benvida do MUMI 2022 no Teatro Municipal de Tui

Undefined

O acto terá lugar no Teatro Municipal de Tui (R/Colón, 2) e contará coa participación de:

- Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui.
- Jose Manuel Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença.
- Ana Laura Iglesias, Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra.
- Jacobo Sutil, director da Axencia das Industrias culturais (AGADIC).
- Uxío Benítez, director da AECT Rio Minho.
- Ánxela Vila, organización do MUMI.

Os espectáculos de Omiri e Xosé Lois Romero & Aliboria protagonizan o concerto de apertura do MUMI 2022

Undefined

O proxecto galego de Xosé Lois Romero & Aliboria e o artista portugués Omiri, subirán ao palco do Jardim Municipal de Valença hoxe ás 22:00 h ES - 21:00 h PT para ofrecer dous espectáculos que se centran nas músicas de raíz, unha aposta que desde a organización se entende como a necesidade de promover a música tradicional interpretada desde unha visión contemporánea, como forma de garantir o seu futuro; unha tradición máis viva ca nunca, que está logrando posicionar as músicas de raíz de ambos territorios na vangarda da experimentación e nos tops das listas de reproducións.

200 profesionais da industria musical encóntranse mañá na Eurocidade Tui-Valença no marco do MUMI 2022

Undefined

Mañá bota andar o MUMI 2022 na Eurocidade Tui-Valença cun programa cargado de música ao vivo, no que os encontros entre empresas e profesionais de Galicia e Portugal serán protagonistas. Até o sábado 1 de outubro, vinte showcases de bandas e artistas portugueses e galegos, os impresionantes espectáculos de Omiri e Xosé Lois Romero & Aliboria na apertura do evento, faladoiros e encontros profesionais, e o Festival Minho Tranfronteiriço no peche, completan a proposta desta 3ª edición do MUMI Encontro Profesional das Músicas no Minho.

A Estratexia e Plan de Acción marca o camiño a seguir pola Eurocidade Tui-Valença até 2030

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acolleu hoxe a presentación pública da Estratexia e Plan de acción 2030 da Eurocidade Tui-Valença. O evento estivo presidido polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e polo presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira.

As persoas participantes no Congreso Internacional de formación para o traballo Norte de Portugal Galicia visitarán este xoves o conxunto histórico de Tui

Undefined

Este xoves pola tarde as persoas participantes no 22º Congreso Internacional de Formación para o traballo Norte de Portugal – Galicia realizarán unha visita cultural á cidade de Tui na que percorreran a Catedral de Tui, xunto a un paseo polo conxunto histórico tudense. O Congreso celébrase este xoves 22 e venres na Escola Superior de Ciencias Empresariais -IPVC de Valença.

Acto de presentación pública da Estratexia e Plan de acción 2030 da Eurocidade Tui-Valença

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acollerá  este mércores, 21 de setembro, ás 12.30 h, a presentación pública da Estratexia e Plan de Acción 2030 da Eurocidade Tui-Valença, coincidindo co Día da Cooperación Europea. O evento estará presidido polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira, asistindo diversos axentes públicos, privados e do terceiro sector que durante os últimos meses participaron na elaboración da Estratexia. Durante o acto, o equipo consultor encargado da elaboración da Estratexia debullará os resultados obtidos. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Eurocidade