Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

O Concurso “Matemáticas na raia” celebrarase en Tui esta fin de semana

Undefined

A Asociación Galega de Profesores de Matemáticas, AGAPEMA, e a Asociación de Profesores de matemática de Portugal, APM, organizarán esta fin de semana no concello de Tui, a fase final do concurso “Matemáticas na raia”. Participarán os alumnos e alumnas de 9º da Escola Básica de Aroes de Santa Cristina de Portugal e de 3º da ESO do IES Nº1 de Ordes.

A Eurocidade conmemora o aniversario da vella Ponte Internacional cunha exposición simultánea en Tui e Valença de Puskas

Undefined

Con motivo do 133 aniversario da inauguración da vella Ponte Internacional a Eurocidade Tui-Valença organiza unha exposición do artista Puskas, que amosará a súa obra de xeito simultáneo no Arquivo Municipal de Valença e na Área Panorámica de Tui.

Exposición de Puskas na Eurocidade

Do 22 ao 30 de marzo a obra do artista portugués contemporáneo Puskas pode verse en Tui e Valença nunha mostra organizada pola Eurocidade co gallo do aniversario da vella Ponte Internacional. 

Puskas amosará a súa obra na que plasma diferentes elementos da Eurocidade coma as súas paisaxes, monumentos, santos…  Será de xeito simultáneo na Sala de Exposicións Municipal de Tui, na Área Panorámica e no Arquivo Municipal de Valença. 

O Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade comeza co Trilho da Lampreia, este sábado 16 de marzo

Undefined

Este sábado, 16 de marzo, comezará o Circuíto de Andainas e Trilhos Saudables da Eurocidade 2019. Contará con 7 percorridos de distintas intensidades, polos municipios de Tui e Valença.

A primeira cita será este sábado co Trilho da Lampreia que se celebrará a partir das 10.00 horas españolas, dende a igrexa de San Pedro da Torre, en Valença. Terá un percorrido de dificultade baixa e unha distancia aproximada de 6.5 quilómetros. Esta andaina estará limitada a 50 participantes.

Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença

A Eurocidade Tui-Valença promove un novo calendario de andainas saudables para este ano 2019. Terán lugar entre o 16 de marzo e o o 20 de outubro con carácter mensual. Este é o calendario previsto:

VIII Circuíto de Andainas Saudables Eurocidade

  • Trilho Sabores Da Lampreia – 16/03/19
  • Andaina San Telmo – 28/04/19
  • Trilho Sabores Serranos – 12/05/19
  • Andaina Monte Tetón – 22/06/19
  • Andaina Do Monte Faro Ao Aloia – 20/07/19
  • Andaina Histórica De Tui – 03/08/19
  • Trilho De Talhao – 20/10/19

A Eurocidade Tui-Valença presenta un calendario deportivo único con 17 modalidades deportivas

Undefined

Un total de 25 actividades de 17 modalidades deportivas na que participan 21 clubs e dúas empresas conforman o calendario de actividades deportivas de 2019 que esta fin de semana comeza na Eurocidade Tui-Valença e que se vai prolongar até o mes de decembro.

Raid TT'19

O club Tracçao ás 4 organiza o Raid TT'19 da Eurocidade Tui-Valença, que se vai celebrar na modalidade de motos o 23 de febreiro. Previamente  2 de febreiro celebrouse na modalidade de jeeps.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Eurocidade